Portada  Trámites Padrón de habitantes

MOD.P4 - Declaración cambio de domicilio dentro do ambito municipal.

Forma de presentación

Tramitación en liña                                                        Presencial 

                                                                  


Datos solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Prazo de resolución: Dúas semanas
Sentido do silencio administrativo: Positivo
Trámite: Gratuito

  1. Solicitude de cambio de enderezo padroal dentro do municipio ou, no caso de cambio de enderezo dunha persoa menor de idade: solicitude de cambio de enderezo padroal dunha persoa menor de idade dentro do municipio.
  2. Documento de identidade en vigor (orixinal e fotocopia) da persoa interesada, segundo o caso:
    • No caso de persoas de nacionalidade española: DNI
    • No caso de persoas estranxeiras comunitarias: número de identificación de estranxeiro (NIE) e pasaporte ou documento de identidade do seu país.
    • No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: tarxeta de residencia ou pasaporte.
  3. No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación.
  4. No caso de cambio de enderezo de menores de 16 anos:
    • Libro de familia ou documento que acredite a tutela ou garda e custodia.
    • Copia do acordo regulador ou sentenza xudicial, no caso de separación ou divorcio.
    • Autorización da nai/pai, titora ou titor, no caso de que a persoa menor de idade se empadroe no domicilio doutros familiares (avoas/avós ou tías/tíos).
  5. Documentación relativa ó domicilio de alta, segundo sexa o caso:
    • Vivenda ocupada: Autorización para residir na vivenda.
  6. Vivenda en alugamento:
    • Contrato de alugamento ou último recibo de alugamento se o contrato se formalizou hai máis dun ano.
    • Último recibo de subministración de auga(*).
    • Último recibo de subministración de luz.
  7. Vivenda en propiedade:
    • Escritura, contrato privado de compravenda ou recibo do IBI -imposto de bens inmobles- (contribución)(*).
    • Último recibo de subministración de auga(*).
    • Último recibo de subministración de luz.
  8. Vivenda en réxime de cesión:
    • Autorización para residir na vivenda.
    • Recibo do IBI -imposto de bens inmobles- (contribución)(*) ou escritura pública que acredite que a persoa titular é a propietaria efectiva da vivenda.
    • Último recibo de subministración de auga(*).
    • Último recibo de subministración de luz.
    • Pensión, hotel ou establecemento colectivo similar: Xustificante de inscrición no rexistro deste.

    (*) A presentación destes documentos é voluntaria, se ben contribúe a axilizar a tramitación do expediente.

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto no teléfono 988 483 001 ou enviando un correo a concello.cortegada@eidolocal.es


Casa do Concello
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegad

Toda persoa que, estando empadroada no Concello de Cortegada, cambie o seu domicilio dentro deste, debe solicitar a actualización do seu enderezo padroal.

Real decreto 1690/1989, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.

Resolución do 1 de abril de 1997 da Presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a xestión e revisión do Padrón municipal.

Resolución do 4 de xullo de 1997 da Presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a actualización do Padrón municipal