Portada  Trámites Padrón de habitantes

MOD.P5 - Declaración reponsable do proxenitor para inscrición dun menor

Forma de presentación

Tramitación en liña                                                        Presencial 

                                                                  


Datos solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Trámite: Gratuito

  1. Solicitar por escrito a alta no padrón. O Concello efectuara os trámites para a baixa no municipio de procedencia.
  2. Documento de identidade en vigor (orixinal e fotocopia) da persoa interesada, segundo o caso:
    • No caso de persoas de nacionalidade española: DNI
    • No caso de persoas estranxeiras comunitarias: número de identificación de estranxeira/o (NIE) e pasaporte ou documento de identidade do seu país.
    • No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: tarxeta de residencia ou pasaporte.
  3. No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación.
  4. No caso de non dispoñer de DNI/NIE, farase constar algún dos documentos de acreditación da identidade a que se refire o art.º16.2.f) da Lei 7/1985, do 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

    Art.º 103.1 º c) do Código civil: "Admitida a demanda, o Xuíz, a falta de acordo de ambos os dous cónxuxes aprobado xudicialmente, adoptará, con audiencia destes as medidas seguintes:
    1º…. Cando exista risco de subtracción do menor por algún dos cónxuxes ou por terceiras persoas poderán adoptarse as medidas necesarias e, en particular, as seguintes:
    c) Sometemento a autorización xudicial previa de calquera cambio de domicilio do menor"

    Art.º 158.3 º do Código Civil: "O Xuíz, de oficio ou a instancia do propio fillo, de calquera parente ou do Ministerio Fiscal, ditará:
    As medidas necesarias para evitar a subtracción dos fillos menores por algún dos proxenitores ou por terceiras persoas e, en particular, as seguintes:
    c) Sometemento a autorización xudicial previa de calquera cambio de domicilio do menor

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto no teléfono 988 483 001 ou enviando un correo a concello.cortegada@eidolocal.es


Casa do Concello
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegad

O trámite de alta no Padrón de habitantes consiste na inscrición dunha persoa nel cando procede doutro municipio ou non figura empadroado en ningún.

Toda persoa que resida habitualmente en Cortegada está obrigada a inscribirse no Padrón.

Real decreto 1690/1989, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.

Resolución do 1 de abril de 1997 da presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a xestión e revisión do Padrón municipal.

Resolución de 4 de xullo de 1997 da presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a actualización do Padrón municipal.