Portada  Trámites Festas

MOD.F3 - Autorización espectáculo pirotécnico.

Forma de presentación

Tramitación en liña                                                        Presencial 

                                                                  


Datos solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Prazo de resolución: Dúas semanas
Sentido do silencio administrativo: Positivo
Trámite: Gratuito

  1. Impreso normalizado.
  2. Copia do DNI do solicitante, ou do representante e documentación acreditativa da representación que ostenta. No caso de comisións de festas, presentarase documento acreditativo do nomeamento por dita comisión.
  3. Persoa ou entidade, encargadas da organización, de ser distinta ao titular.
  4. Plano de emprazamento donde se realizarán os disparos.
  5. Seguro de responsabilidade civil: póliza e último recibo no que conste o seu pagamento.
  6. Memoria dos explosivos e empregar e deberá traer a seguinte información:
  • a) Quilogramos de explosivos ou mistura explosiva de cada conxunto de artificios que constitúan un efecto recreativo homoxéneo e das unidades que forman cada conxunto.
  • b) Altura aproximada que acada o material pirotécnico de proxección vertical no punto máximo de elevación.
  • c) Data, número de clasificación, catalogación e fabricante de cada un dos artificios a disparar.
  • d) Secuencia de comezo de disparo entre seccións e orde a seguir nos disparos de cada sección, especificando a hora exacta de comezo e finalización de cada tirada.
  • e) Tipo, forma e características da protección disposta para evitar toda clase de lesións ou danos ás persoas e aos bens, especialmente a protección das masas forestais, con expresa mención das condicións da área de seguridade, ao abeiro do disposto na Orde do Ministerio de Relacións coas Cortes e da Secretaría do Goberno, de 20 de outubro de 1988, pola que se regula a manipulación e uso de produtos pirotécnicos na realización de espectáculos públicos de fogos artificiais (B.O.E. nº 260, de 29/10/1988), na súa redacción dada pola Orde Ministerial de 2 de marzo de 1989 (B.O.E. nº 53, de 3/3/1989).
  • f) Lugar onde se van a realizar os disparos, coas características do seu entorno perimetral nun mínimo de 300 metros, a contar dende o lugar do disparo. Cumprimentarase este requisito coa presentación de plano actual de escala 1:1000 ou 1:2000 da Cartografía Oficial do Concello, no que se sinalará o lugar de disparo. Este plano pódese conseguir na Xerencia Municipal de Urbanismo, con oficina en Praza do Rei.
  • g) Nome e apelidos ou razón social e domicilio das persoas ou entidades de pirotecnia que van realizar o disparo, aportando os TC1 e TC2 a fin de demostrar a afiliación á Seguridade Social e o abono da prima de seguro que a autoridade laboral dispoña por razón do risco específico.
  • i) No caso de festas de locais de arraigada costume ou interés cultural que queiran beneficiarse do establecido no artigo 2.3 do Bando Municipal de Material Pirotécnico, deberán acreditar tal condición.

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto no teléfono 988 483 001 ou enviando un correo a concello.cortegada@eidolocal.es


Casa do Concello
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegad

O procedemento desta licenza regula a concesión por parte municipal de autorización para a celebración de festexos populares dentro dos límites municipais.

Os interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Cortegada, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas.