Portada  Trámites Festas

MOD.F2 - Comunicación previa de celebración de verbenas sen escenario móbil


Forma de presentación

Tramitación en liña                                                        Presencial 

                                                                  


Datos solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Prazo de resolución: Dúas semanas
Sentido do silencio administrativo: Positivo
Trámite: 4,02 €

  1. Impreso normalizado.
  2. Copia do DNI do solicitante, ou do representante e documentación acreditativa da representación que ostenta. No caso de comisións de festas, presentarase documento acreditativo do nomeamento por dita comisión.
  3. Persoa ou entidade, encargadas da organización, de ser distinta ao titular.
  4. Xustificante do abono da taxa.
  5. Plano de emprazamento.
  6. Seguro de responsabilidade civil: póliza e último recibo no que conste o seu pagamento.
  7. No seu caso, documentación requirida pola normativa sobre ruidos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións, e en todo caso, a que determine a normativa sobre a prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades que se van desenvolver nel.
  8. No seu caso, plan de autoprotección: só esixible para: a) actividades en espazos pechados con capacidade igual ou superior a 2.000 persoas ou cunha altura de evacuación igual ou superior a 28 m; ou instalacións pechadas desmontables ou de tempada con capacidade ou aforo igual ou superior a 2.500 persoas, ou b) espazos abertos cunha capacidade igual ou superior a 20.000 persoas.
  9. Boletín de instalación elétrica selado pola consellería de Industria.

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto no teléfono 988 483 001 ou enviando un correo a concello.cortegada@eidolocal.es


Casa do Concello
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegad

O procedemento desta licenza regula a concesión por parte municipal de autorización para a celebración de festexos populares dentro dos límites municipais

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
  • Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.