Portada  Trámites  /  LICENZA DE FESTAS

MOD.F1 - Licenza de verbenas e festas populares con escenario movil.

Forma de presentación

Tramitación en liña                                                        Presencial 

                                                                  


Datos solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Presentación da solicitude: 15 días antes do evento
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Trámite: 4,02 €

  1. Impreso normalizado.
  2. Datos da organización (Comisión de festas)
  3. Memoría das festas. (Días e horarios das acutuacións, lugar de realización, actividades que se van realizar, casetas ou atraccións de feira, información sobre o tipo de espectáculo.
  4. Boletín eléctrico da instalación ou Certificado de industria dos xeradores que se van a instalar no evento.
  5. Declaración de conformidade do fabricante CE e copia da documentación da ITV conforme, do escenario móbil ou documento análogo acreditavivo do estado de idoneidade do mesmo (asinado polo téncico competente)
  6. Seguro de responsabilidade civil: póliza e último recibo no que conste o seu pagamento.
  7. Contrato de traballo das Orquestas, grupos...
  8. Recibo da SGAE
  9. No seu caso, documentación requirida pola normativa sobre ruidos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións, e en todo caso, a que determine a normativa sobre a prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades que se van desenvolver nel.
  10. No seu caso, plan de autoprotección: só esixible para: a) actividades en espazos pechados con capacidade igual ou superior a 2.000 persoas ou cunha altura de evacuación igual ou superior a 28 m; ou instalacións pechadas desmontables ou de tempada con capacidade ou aforo igual ou superior a 2.500 persoas, ou b) espazos abertos cunha capacidade igual ou superior a 20.000 persoas.

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto no teléfono 988 483 001 ou enviando un correo a concello.cortegada@eidolocal.es


Casa do Concello
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegad

O procedemento desta licenza regula a concesión por parte municipal de autorización para a celebración de festexos populares dentro dos límites municipais.

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
  • Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.