Declaración responsable para festas e verbenas populares
- Para o estudo da viabilidade da sua solicitude é necesario a presentación, cun PRAZO MÍNIMO DE 15 DÍAS DE ANTELACIÓN, xunto coa solicitude unha memoria xustificativa na que se indique o tipo de evento e aforo estimado, duración temporal do evento, indicando o periodo de montaxe e desmontaxe, plano da ocupación coas medidas máis significativas ou plano de percorrido no seu caso e o seguro de responsabilidade civil que cubra o evento.
A quen está dirixido
- Calquera persoa física ou xurídica.
Documentación requerida
• Declaración Responsable de Festas e Verbenas Populares.
• Declaración Responsable para Atraccións de Festas.
• Memoria descritiva cunha relación das actividades a realizar.
Documentación de interese
-
Información sobre a Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia).
-
Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios do Instituto de Seguridade e Saúde laboral de Galicia.
-
Real Decreto 2177/2004, [...], polo que se establecen as disposicións mínimas de seguranza e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo, en materia de traballos temporais en altura.

