Cacharela San Xoán
- AVISO: Dende esta aplicación poderá comunicar a realización de cacharelas/sardiñadas que se leven a cabo en terreos privados ou públicos.
- As solicitudes deberán ser presentadas:
Espazos públicos: Dende o 29 de maio de 2025 ata o día 17 de xuño do 2025, ás 13.30 horas.
Espazos privados: Dende o 29 de maio de 2025 ata o día 20 de xuño do 2025, ás 13.30 horas.
Para a celebración das Cacharelas/Sardiñadas en terreos de propiedade privada deberán presentar comunicación previa da actividade.
- Aquí pode consultar as normas.
CACHARELAS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS
Para a celebración das cacharelas/sardiñadas, as persoas, organizacións e comunidades deberán presentar a solicitude correspondente, segundo o modelo publicado na Sede electrónica do Concello de Cortegada e dispoñible fisicamente nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello, enchendo todos os datos que constan en dito modelo.
No caso de cacharelas ou sardiñadas solicitadas para espazos públicos, deberase achegar, xunto coa solicitude, un mapa do lugar exacto no que se realizará a fogueira. Así mesmo, as que sexan solicitadas en espazos públicos deberán ser expresamente autorizadas polo Concello a través dunha resolución que será publicada na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios.
No caso das solicitudes de cacharelas/sardiñadas para espazos privados, o Concello de Cortegada enviará unha mensaxe confirmando a recepción da mesma, que será suficiente para desenvolver o evento.
Este procedemento estará activado dende o 13 de Xuño ata as 23:59 h do 20 de Xuño de 2025.
- Calquera persoa física ou xurídica.
Documentación requerida
- Esta comunicación é documentación suficiente para poder leva a cabo a actividade; poren non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houber lugar no caso de que concorrera neglixencia ou imprudencia.
- A fogueira gardará as distancias mínimas marcadas polo Concello, con respecto a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
- A fogueira permanecerá vixiada polos solicitantes ata a súa total extinción que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente con auga.
- No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
- O/A solicitante será sempre o responsable dos danos e prexuízos que a fogueira ocasione.
O solicitante manifesta coñecer e responsabilizase de cumprir as normas.
Consonte o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.

