RENOVACIÓN DEMANDA DE EMPREGO


O Servizo Público de Emprego de Galicia mantén a disposición das persoas usuarias unha serie de puntos de información que, despregados pola xeografía galega, achegan e facilitan a comunicación co Servizo Público de Emprego de Galicia, ao tempo que permiten a realización de certas xestións relacionadas co mantemento da súa demanda sen necesidade de acudir a unha oficina de emprego.

ende estes puntos de información pódese renovar a demanda de emprego mediante pegada dactilar, así como acceder ás ofertas de emprego en difusión ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal..

Para poder renovar a demanda a través dun punto de información, o primeiro que debes facer é acudir a tua Oficina de Emprego para que o persoal desta rexistre a túa pegada dactilar e así déate de alta no sistema. Unha vez feito este rexistro, poderás renovar a túa demanda nas datas sinaladas no teu DARDE en calquera dos puntos de información distribuídos pola comunidade autónoma.

PUNTO DE RENOVACIÓN E INFORMACIÓN
Rúa Otero Novas s/n
32200 Cortegada

HORARIO:
De luns a venres: De 9:00h a 14:00 hora