Portada » servizo ao cidadán » servizos sociais e benetar » axuda no fogar

Imaxe Concello

Conxunto de atencións no domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, a persoas con limitada autonomía ou en casos de desestructuración familiar.

a.  Servizo de Axuda no Fogar Municipal.
b.  Servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas por Dependencia.
c.  Axudas Técnicas Materiais.
d.  Programa de Apoio á Formación das Persoas Coidadoras.

Destinatarios:

  • Persoas maiores, con certo nivel de dependencia, que non teñan a ninguén que os atenda suficientemente.
  • Familias ou persoas con disfuncións que poidan ser susceptibles dunha adecuada atención a domicilio.
  • Persoas con diversidade funcional ás que a poida favorecer a súa autonomía.
  • Menores con pais ou titores ausentes ou cando estes por motivos suficientemente xustificados, non poidan exercer as súas funcións.
  • En xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar, avaliada tecnicamente, que xustifique a intervención.

Servizos:
Facilítanse atencións e apoios no propio fogar coa realización de tarefas cotiás,    atención persoal, medicación, administración dos recursos, compañía –dentro e fora do municipio- xestións, visitas médicas, etc.

Acceso aos servizos do programa:

  • Persoas valoradas pola lei de Dependencia: Ter recoñecido grado e nivel de dependencia e como ser recurso idóneo ou respiro Axuda no Fogar.
  • Por libre concorrencia: Valoración por parte dos Servizos Sociais Comunitarios segundo ordenanza municipal.

Procedemento:

  • Solicitude de cita previa para acollida e elaboración de Informe Social por Traballador/a Social.
  • Cumprimentar modelo de solicitude.
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de ingresos da unidade familiar
  • Informes médicos xustificativos da incapacidade alegada, se é o caso.
  • Informe de convivencia e certificado de residencia no Concello.