Portada » servizo ao cidadán » servizos sociais e benetar

Imaxe Concello

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio e previr a desigualdade dos cidadáns e das cidadás. A través deles favorecemos a participación e o libre desenvolvemento das persoas, dos grupos da sociedade e o fomento do desenvolvemento comunitario. Atendemos todos os aspectos relacionados coa falta de recursos, a terceira idade, as drogodepencias, etc., procurando darlle a cada unha destas liñas de traballo un tratamento individualizado. Axudar coas tramitacións de pensións non contributivas, de xubilación e de invalidez, as axudas de emerxencia social para persoas que carecen de medios económicos, así como diversas prestacións por parte do SERGAS, do IMSERSO ou doutros organismos.

Horario de atención ao público previa cita:

ASITENTE SOCIAL
Nome: Chus Taboada
Martes de 9:00 a 14:00 horas - Xoves de 9:00 a 11:30 horas.
Teléfono: 988 483 001 / Extensión 11

EDUCADORA SOCIAL
Nome: Andrea
Martes de 9:00 a 14:00 horas.
Teléfono: 988 483 001 / Extensión 11

  • Atención personalizada:
    • Información dos recursos sociais dispoñibles.
    • Valoración individualizada das situacións da/s persoa/s.
    • Orientación cara os medios máis axeitados as necesidades plantexadas.
    • Apoio e asesoramento para axudar á superación de problemas.
    • Tratamento psicosocial destinado á adquisición de habilidades que faciliten a integración social.
  • Xestión de axudas materiais:
    • Atención residencial e aloxamentos alternativos.
    • Axuda a Domicilio, que comprende unha serie de atencións de caracter doméstico, social, de apoio psicolóxico e rehabilitador, aos individuos ou familias que se atopen en situación de especial necesidade, para facilitar a autonomía persoal no medio habitual.
    • Axudas de emerxencia social cuia finalidade é a atención de situacións de urxente necesidade que transitoriamente poidan afectar a individuos ou familias.

  • Prevención da marxinación social e de situacións de risco, favorecendo a normalización de grupos con especiais problemas de integración, así como o fomento de salodariedade e a cooperación social.
  • Promoción social de individuos e grupos:
    • Medidas para a inserción no medio social