Portada » Servizo ao cidadán » polígono industrial

Imaxe Concello

¿Necesitas espazo nun parque empresarial con excelentes comunicacións?

Dende o Concello de Cortegada , e logo de aprobarse o Plan Xeral de Ordenación Municipal, estase a traballar na creación do futuro parque empresarial, a emprazar no lugar de "A CANCELA" entre as parroquia de Cortegada e Valongo.

Contacta co noso concello e descubre o anteproxecto do noso futuro parque empresarial.

Accesibilidade
As principais vías de entrada proceden de Vigo e Ourense (autovía A-52), comarcal Xinzo de Limia Cortegada (OU-531), Portugal Ourense (comarcal Pontebarxas-Ourense OU-402). O acceso ao parque realizase a través da (OU-402 Pontebarxas - Ourense.

Infraestruturas

Transporte terrestre
O parque, situado a 45 km de Ourense, 57 km de Vigo e a 15 km con Portugal, Conectanse coas cidades de Vigo e Ourense a través da A-52, e co pais veciño Portugal pola Cormarcal OU-402. Todas elas vías de alta capacidade.

Infraestructuras portuarias
Ten a posibilidade de conexión co porto de Vigo, porto clave en canto ao transporte internacional de mercancías.

Infraestructuras ferroviarias
Cortegada conta con este servizo a menos de 5 km na aldea de Filgueira. (F.F.C.C. Vigo Ponferrada)