Portada   Servizo ao cidadán   Punto de información catastral

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL



O Punto de Información Catastral (PIC) é unha oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro no Concello de Cortegada e pon a disposición dos usuarios os seguintes servizos:

O PIC está ubicado na pranta baixa da Casa do Concello (Oficina técnica) e atenderá ao público, de 10 a 12 horas.

FORMULARIO DE SOLICITUDES DE INFORMACIÓN CATASTRAL
Para poder visualizar os formularios de solicitude no formato PDF, necesita ter instalada unha versión de Adobe Reader 5.0 ou posterior, senón é así, pode descargarse unha versión actualizada dende a web de Adobe Reader.

ACCESO AO SERVIZO
Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre Puntos de Información Catastral tan só permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada por el.

Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si mesmo ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da Xerencia/Subxerencia do Catastro, á que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitude de quen se ampare nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario (arquivo pdf).

XESTIÓN CATASTRAL DE RÚSTICA E URBÁN
AUREA PERITACIONES
Cita previa: 988 553 043

Todos os primeiros martes de cada mes (Previa cita)

Através deste servicio os veciños poderán xestionar dende o concello sen necesidade de desprazarse ata as oficinas do Catastro de Ourense, altas, baixas, variacións de bens de natureza urbana e ústica, así como calquera troco nos datos catastrais

DESTACADO:

MÁIS INFORMACIÓN
Pode obterse máis información catastral na Sede Electrónica do Catastro ou na Lexislación que regula o funcionamento do Punto de Información Catastral.