Portada   Servizo ao cidadán   Arquivo municipal

ARQUIVO MUNICIPAL



O Arquivo municipal é a oficina que actúa como depósito onde se conservan ordenadamente documentos, escriturase expedientes pertencentes e relacionados co Concello coa finalidade de ser utilizados para a xestión administrativa, a información, a cultura e a investigación e para conservar a memoria histórica do noso municipio. Tódolos cidadáns e cidadás teñen dereito de acceso ó Arquivo municipal, mediante a solicitude da oportuna consulta. 

As consultas de licencias de obras e aperturas, dos planos de obras e dos proxectos técnicos e administrativos pódense realizar de luns a venres de 9:00 a 13:30 con previa cita no teléfono 988 48 30 01.

Servizos

Procedemento de acceso

O acceso ós documentos que se conservan no arquivo é un servicio gratuíto e libre, sen embargo existen documentos de consulta reservada para os titulares e os cidadáns que acrediten un interese lexítimo e directo. No Regulamento do Arquivo Municipal especifícase qué documentos están clasificados de acceso libre ou de acceso restrinxido.

Para acceder ós documentos é necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral onde se expoñerá o motivo da consulta e se describirá o documento ou a información que se precisa.

Os documentos atópanse clasificados en catro grandes seccións: goberno, Administración, Servicios e Facenda. entre as series documentais que se conservan podemos destacar polo seu volume e polo seu interese para a cidadanía as seguintes:

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO

logo pdf  Fondos do arqruivo

LIGAZÓNS