GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

Bases contratación socorristas Piscina Municipal 2024

 

BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN DE 2 PRAZAS DE PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA PARA O SERVIZO DE “VIXILANCIA, RESCATE E SALVAMENTO NA PISCINA PÚBLICA MUNICIPAL DE CORTEGADA” .

 

As presentes Bases regulan o procedemento selectivo para a contratación laboral temporal de 2 socorristas a xornada completa para a prestación do servicio “VIXILANCIA, RESCATE E SALVAMENTO NA PISCINA PÚBLICA MUNICIPAL DE CORTEGADA” . O servizo pode ser subvencionado ao abeiro da orde do 27 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024

 

Prazo de solicitudes.-

Dous días naturales a partir do día seguinte a publicación no BOP.