IDAE

 

O Concello de Cortegada resultou beneficiario unha axuda para o “Proxecto de Renovación, mellora da eficiencia enerxética e adaptación ao Regulamento de eficiciencia enerxética RD 1890/2008 das instalacións de alumeado público: AP A DECOLADA, AP SAA, AP MERÉNS, AP CALLE PÁRROCO CARRERA, AP CAMPO DA FEIRA.


Esta axuda foi concedida ao amparo e de conformidade co establecido no Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.