Portada  Ocio  /  RUTA BTT

RUTA BTT Concello de Cortegada

Imaxe petroglifos

2018 - Domingo 27 de maio
RUTA BTT - CONCELLO DE CORTEGADA
Concello de Cortegada


CARTEL PLANO UBICACIONES FORMULARIO INSCRICIÓN
Cartel (PDF - 3,5 MB) Plano (PDF - 524 KB)
Formulario (PDF - 162 KB)

Localización GPS da entrega de dorsais (google maps): 42.206217, -8.172519

PERCORRIDO
Vaise realizar sobre dous tramos circulares de 34,00 e 27,00 quilómetros.

Ruta
Saída rúa Fermín Bouza Brey Cortegada - Vilanova - Pontetrado - Vilaverde - Zaparín - Louredo - Meréns - Vao - A Barca - Cortegada. Distancia: 34,000 qms.
Desnivel acumulado subindo: 900 m.
Desnivel acumulado baixando: 940 m.



Alternativa
Saída rúa Fermín Bouza Brey Cortegada - Vilanova - Pontetrado - Vilaverde - Aldea de Souto - Refoxos - San Benito - Vao - A Barca - Cortegada. Distancia: 26,000 qms.
Desnivel acumulado subindo: 743 m.
Desnivel acumulado baixando: 763 m.


Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade Media/alta.

Avituallamentos líquidos e sólidos.

INSCRICIÓN:
Presencial nas oficinas do Concello de Cortegada.

Por mail:
Realizar o ingreso do importe da inscrición (10 €) na conta ES38 0030 6073 2308 7000 0271 do Banco Santander, ou na ES86 2080 5294 7331 1000 5079 de Abanca, ata o día 23 de maio inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: RUTA BTT e o NOME da persoa inscrita.

Enviar por correo electrónico (concello.cortegada@eidolocal.es), a solictude de inscrición xunto co regardo bancario. Unha vez recibidos os datos será confirmada a súa inscrición ou ben por mail ou telefonicamente. O día 28 de maio deberá presentar os orixinais para a recollida dos dorsais.

A inscrición da dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, comida, bebida e participar no sorteo de agasallos.

O prazo de inscrición será dende o 1 ao 23 de maio no Concello, ata un máximo de 300 participantes.

DORSAIS
Co boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal.
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Saída o día 28 ás 8:40 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ao tope de 300 participantes.
Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

SEGURO
A BTT contará con seguro de Responsabilidade Civil, ademais de seguro por cada participante.