Portada  Ocio  /  ANDAINA

ROTEIRO por terras de Cortegada 2017

Imaxe petroglifos

2017 - Domingo 29 de outubro
10ª CAMIÑADA POPULAR
ROTEIRO POR TERRAS DE CORTEGADA
Concello de Cortegada

CARTEL TRÍPTICO FORMULARIO INSCRICIÓN WIKILOC
Cartel (PDF - 1,9 MB) Tríptico (PDF - 1,4 MB)
Formulario (PDF - 251 KB) Enlace web

Localización GPS da entrega de dorsais e saída (google maps): 42.205583, -8.169967

Terá lugar o vindeiro domingo 29 de outubro de 2017 con saída ás 9:00 horas.
O punto de partida estará situado na rúa Bouza Brey (Inmediacións gasolineira) . Chégase dende Ourense pola A-52 ata Ribadavia logo dirección Francelos. Collemos a segunda entrada a Cortegada ata chegar ao centro da vila. Unha vez alí dirixímonos dirección Pontebarxas para entrega de dorsais.

PERCORRIDO
Vaise realizar sobre dous tramos circulares de 22,380e 13,080 quilómetros.

Tramo A
Balneario - A Barca - Vao - A Eirexa - Seixomil - Refoxos- Muradelle - Pontetrado - Vilanova da Barca e Cortegada. Distancia: 22,380 qms.
Tramo B
Balneario - A Barca - Vao - A Eirexa - Seixomil e Cortegada. Distancia: 13,080 qms.

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade Media.
Avituallamentos líquidos e sólidos nos quilómetros 7,400, 10,100, 13,600, 16,300 e 19,100.

INSCRICIÓN
Dende o 3 de outubro ao 25 de outubro no Concello e nas tendas de deporte, ata un máximo de 350 participantes.

Pode realizarse cumprimentando o boletín que lle achegamos e entregandoo:
En Ribadavia: Glotón (988 470 014), Banathlon (988 47 898).
En Ourense: Intersport Bouso (988 226 592), Redonet (988 222 692), Deportes Moncho (988 250 274).
No Concello de Cortegada:
Realizar o ingreso do importe da inscrición (9 €) na na conta ES38 0030 6073 2308 7000 0271 do Banco de Santander, ou na ES86 2080 5294 7331 1000 5079 de Abanca, ata o día 25 de outubroinclusive . No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita. Entregar o boletín cuberto no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, por fax (988 099 021) ou por mail (concello.cortegada@eidolocal.es), neste caso deberá agardar confirmación da reserva por  parte do Concello, por correo electrónico, por fax ou por teléfono.
O prezo da inscrición será de 9 € e dará dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, comida e bebida.

DORSAIS
Co boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal.
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Saída o día 29 ás 8:40 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ao tope de 350 participantes.
Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

RESPONSABILIDADES
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

PREMIOS
Tódolos participantes terán dereito a un agasallo conmemorativo.
Haberá sorteo agasallos entre tódolos participantes.