Portada  Ocio  QUE VER

QUE VER

Imaxe Concello



CASA CONSISTORIAL



Localización: Rúa Otero Novas - Cortegada
Cronoloxía: Século XX
Coordenadas: 42°12'23.6"N 8°10'18.5"W
Imaxes: Non

Edificio con planta poligonal irregular de catro lados con muros portantes de formigo, dúas alturas, e cuberta a catro augas con cubrición de tella plana. Nas fachadas destaca a presenza de balcóns voados, con varanda metálica, nas ventas principais de segundo andar. Na fachada princiapal combina os vans alintelados dos terzos laterais, con vans en forma de arco de medio punto no corpo central, coroado por un fronton onde se aloxa o relexo.

O uso deste edificio no pasado era centro de ensino primario e casa de mestres, tamén sede do concello, casino e xulgado. Na actualidade é concello, biblioteca municipal, xulgado e rexistro civil. A inauguración do edificio foi no 1935, edificio de dúas plantas, garaxe e un soto.

Na entrada do concello, hai colocado un reloxo ancorado á parede acompañado por unha campá. Na fachada posterior, onde antes era a entrada á escola, hai unha inscrición gravada na pedra que pon "ESCUELAS REPÚBLICA ARGENTINA".


BALNEARIO DE 1937



Localización: Rúa Otero Novas - Cortegada
Cronoloxía: Ano 1937
Coordenadas: 42°12'03.1"N 8°10'28.6"W
Imaxes: Non

Edificio de planta rectangular con muros portantes de formigón e cuberta aterrazada de ande arranca un segundo corpo central con cuberta a catro augas e cubrición de fibrocemento. A fachada principal distribúese en torno a un corpo central, con decoración xeoméítrica e un frontón rectangular coa inscrición: BAÑOS DE CORTEGADA, neste corpo central situase a porta de entrada, en forma de arco de medio punto e flanqueada por dúas triples arcadas de fiestras. Colgado sobre o río Miño destaca un gran balcón voado cun corpo central destocado. As  augas  mineiro medicinais do Balneario de Cortegada están declaradas  de utilidade  pública dende  1999. As propiedades benéficas residen nas características físicas e químicas das súas augas sulfurado-sódicas.


CORTEGADA



Localización: Rúa Irmáns Álvarez - Cortegada
Cronoloxía: Século XVIII
Coordenadas: 42°12'26.3"N 8°10'08.5"W
Imaxes: Non

Igrexa de planta basilical, con muros portantes de perpiaños de granito á vista, cabeceira poligonal formada pola sancristía, mais adición de corpos menores e prebitero. A fachada de inspiración neogótica, está dividida en tres corpos verticais delimitados por catro pilastros. Nesta igrexa atópase unha talla do Santiago Peregrino, orixinalmete estaba na capela hoxe desaparecida no lugar de "A Capilla" localización no antigo cuartel da Garda Civil, pertencente a familia Castro.


SAN BIEITO DO RABIÑO



Localización: A Eirexa / San Bieito
Cronoloxía: Século XVIII - XIX
Coordenadas: 42°13'04.3"N 8°09'34.3"W
Imaxes: Non

Edificio  con planta  de cruz  latina  con muros  portantes de perpiaños de granito  á vista, cuberta a dúas augas e cubrición  de tella curva na nave principal a tres augas nas dos brazos  do cruceiro; ábsida  rectangular e presbiterio con cuberta a catro augas desenvolvido  en  altura  con sancristía anexa no muro  norte. Cabe  salientaa  presenza reiterada de pináculos coronando as pilastras que  reforzan os muros  do templo  de trazas barroco-clasicistas. Na fachada destaca a presenza dunha portada de inspiración neoclásica cunha  porta alintelada  flanqueda por pilastras que soportan unha arquitrabe sobre a  que  se asenta un frontón  triangular, no tímpano unha fornela acolle  ao Santo.
Patrón San  Bieito, obra de Valongo Francisco  de Costa (1754). Sobre este eixe central da fachada elévese un campanario dun só carpo rematado nun cupulín con pinlículos.


Localización: A Eirexa / San Bieito
Cronoloxía: Século XVIII - XIX
Coordenadas: 42°13'05.6"N 8°09'32.4"W
Imaxes: Non

Humilladoiro  en forma  de  baldaquino  ou templete,  de  planta  cadrada,  cuberta  a  catre augas  con  cubrición  de tella  curva,  muros  portantes  de perpiaños  de  granito  á  vista,  cun vano  en cada  fachada  formado  por  un arco  de  medio  punto  moldurado  sobre  xambas (semícolumnas)  e contrafortes  nas esquinais. A  bóveda  é  de  cruzaría  decorada  con nervaduras.  No  interior  atópase  un cruceiro  construído  en  granito  cunha plataforma cadrada  con  recadros  labrados,  da  que  arranca  un varal  de sección  circular  que comeza cadrado  e  remata  nun collarino,  sobre  o que se asenta  un capitel  cadrado  cunha  cruz  de sección cadrada;  no anverso Cristo crucificado  coa cartela "INRI" e no reverso unha Virxe co Nena.

Este elemento  está  protexido  polo decreto  571/1963  e ten  consideración  de  Ben de Interese Cultural  polo Leí  16/1985 do  Patrimonio  Histórico Español.


Localización: Soutelo / San Bieito
Cronoloxía: Século XIX
Coordenadas: 42°12'58.1"N 8°09'21.8"W
Imaxes: Non

Edificio de planta rectangular con muros portantes de cochotería  e perpiaños de granito, con cuberta a duas augas con cubrición de tella curva. Un pórtico aberto anteponse á porta de entrada, sobre ela, no ápice do hastial, unha espadana dun só oco rematada nunha cruz. Capela de Santa Mariña.


REFOXOS



Localización: Refoxos
Cronoloxía: Século XVIII
Coordenadas: 42°12'11.2"N 8°08'18.6"W
Imaxes: Non

O antigo Priorado dependente do mosteiro de Celanova, pasou  a  ser  no  século  XIX oratorio e igrexa parroquial de San Breixo de Refoxos, (A igrexa anterior estaba situada no actual cemiterio). Edificio de volumetría rotunda con elementos propios da arquitectura poliorcética, garitas en dous dos catro esquinas; de planta rectanguar, duas alturas muros portantes de perpiaños de granito e cuberta a catro aguas. A existencia de igrexa ten só se ve delatado polo exterior polo engadido, na parte posterior, da abisida rectangular e, na fachada pola presencia destacada en altura dunha espadana de dous ocos coroada por un frontón triangular con pináculos e cruz. Unha porta con arco de medio punto da entrada ao templo. No resto do edificio os vans son alintelados. Este Priorato foi refuxio de peregrinos a Santiago de Compostela, conservanse escritos e documentos que relatán estes feitos olvidados dende séculos.


VALONGO



Localización: Valongo
Cronoloxía: Século XVIII
Coordenadas: 42°11'25.8"N 8°08'35.4"W
Imaxes: Non

lgrexa de planta basilical, con muros portantes de perpiaños de granito á vista, cuberta a dúas augas e cubrición de tella curva na nave principal; ábsida rectangular e presbiterio con cuberta a catro augas (con 4 pináculos sobre as pilastras esquinais) desenvolvido en altura e con sancristía anexa no muro norte. A fachada de trazas barrocas concentra o maior empeño decorativo. Cetro pilastras  marcan o seu esquema compositivo, as centrais enmarcan  unha porta alintelada con un frontón semicircular partido por molduras e clave con  motivos vexetais,  e soportan unha fornela  que acolle o Santo patrón, que parte de novo a arquitrabe sobre a que se asenta o frontón superior polilobulado coreado por cruz e pináculos.  Sobre o terzo esquerdo da fachada sitúase unha torre campanario con balaustrada de cantería  rematada nun cupulín con  pináculos. Este templo foi patrocinado por Fraí Diego Martín de Vergara natural de Cortegada e Arzobispo de Santa Fe de Bogotá, unha inscrición e un escudo episcopal recordan o seu donativo.


CORTEGADA - PAZO DOS CID



Localización: Rúa Irmáns Álvarez - Cortegada
Cronoloxía: Século XIX
Coordenadas: 42°12'29.2"N 8°10'13.8"W
Imaxes: Non

Edificio de planta poligonal con muros portantes de perpiaños de granito á vista, tres alturas.  distribución regular dos vans na fachada principal e cuberta a tres augas con cubrición de tella.  Nas fachadas  destaca a presenza de catro bolcóns voados de madeira sobre canzorros de cantería, dous deles dobrados comunicando dous frontes da fachada. Un  brasón  con  catro  cuarteis,  ornado  con  lanzas, cabeza  de anxo e timbrado  con helmo preside a fachada  máis pública e principal. Na fachada posterior cabe salientar unha galería de madeira e un paso elevado a altura do primeiro andar con terraza, de construción posterior.

O brasón está protexido polo decreto 571/1963 e ten consideración de Ben de Interese Cultural polo Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico  Español.


MERÉNS - CASA FIDALGA



Localización: Meréns
Cronoloxía: Século XIX
Coordenadas: 42°13'59.6"N 8°09'50.1"W
Coordenadas: 42°13'56.8"N 8°10'06.3"W
Imaxes: Non

Edificio con planta en forma de  L, construída parcialmente a turramonte, dúas alturas, muros portantes de perpiaños e cachotería granítica á vista ou enfuscada, e cuberta a duas e tres augas con cubrición de tella plana. Xunto a vivenda  atópase unha pequena capela de fachada pentagonal con  pináculos e espadano, e planta rectangular, derrubada. No muro contiguo a fachada hai un escudo heráldico de grandes dimensións, con dezaoito  cuarteis rematados por unha coroa condal, nel podemos ler os opelidos  Araujo, Feijoo, Ortigueira, Mosquera, Cismero, Figueroa, Nóvoa e Sarmiento. Xunto a porta da entrada existe outro brasón de menores dimensións. Esta casa pertenceu ao conde de Ximonde (1789), tamén chamada “Casa Grande”. En realidade era casa solariega de Dª Agustina de Puga y Araujo, Señora de Merens, a esposa do II Conde D. Pedro de Cisneros.

O brasón está protexido polo decreto 571/1963 e ten consideración de Ben de Interese Cultural polo Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico  Español.

Tumba monumental construída en granito en tres corpos horizontais separados por cornixas molduradas: corpo inferior ou base, corpo intermedio ou nicho para aloxoar o cadaleito e corpo superior con balaustrada e brasón familiar.

O brasón está protexido polo decreto 571/1963 e ten consideración de Ben de Interese Cultural polo Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico  Español.


SAN BIEITO - CASA GRANDE



Localización: San Bieito - Seixomil
Cronoloxía: Século XVIII
Coordenadas: 42°12'52.1"N 8°09'40.1"W
Imaxes: Non

Edificio composto por dous volumes de planta rectangular, de duas e tres alturas, muros portantes de perpiaños de granito á vista e cuberta a tres e catro augas e cubrición de tella curva. Nas fachadas destaca a presenza de balcóns voados de cantería con varanda de ferro e cun brasón. Na cuberta do volume principal desenvólvese a carga ornamental do edificio con grandes pináculos nas esquinas, unha fumeira con cruz e pináculos e un reloxo de sol.

O brasón está protexido polo decreto 571/1963 e ten consideración de Ben de Interese Cultural polo Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico  Español.


PETROGLIFOS DA FERRADURA



Localización: Louredo
Adscrición: Idade do Bronce
Coordenadas: 42°13'12.7"N 8°09'34.3"W
Imaxes: ver catálogo

Seis ferraduras colocadas por pares con surcos pouco profundos en U. As medidas oscilan entre 6,5 e 10 cm de lonxitude e os 6,5 e 8 entre os extremos da liña. Tamén hai unha coviña de 5 cm de diámetro por 3 de profundidade. a dereita hai gravada unha V, realizada en época recente con algún instrumento metálico; cando Bouza Brey publicou estes gravados aínda non estaba.


PETROGLIFOS PICOÑAS



Localización:
Valongo
Adscrición: Idade do Bronce
Coordenadas: 42°11'37.8"N 8°09'34.8"W
Imaxes: ver catálogo

Trátase dun conxunto de afloramento rochosos no que aparecen representados diversos motivos xeométricos (círculos simples, cícrulos concentricos con e sin radios, círculos con civiñas e combinacións de civiñas).


PÍAS MEGALÍTICAS



Localización:
Louredo
Adscrición: Idade do Ferro
Coordenadas: 42°13'54.1"N 8°08'51.9"W
Imaxes: ver catálogo

Conxunto de pías megalícas, Unha pía megalítica é un baleirado xeométrico realizado nun penedo. Esta actividade cultural da Idade de Ferro ten presenza no noroeste da Península Ibérica, coincidente xeograficamente coas zonas de presenza de poboados castrexos e as súas cámaras de incineración abovedadas, polo que se presume que tiñan relación con ritos funerarios.


ARA ROMANA



Localización:
Zaparín
Adscrición: Romano
Coordenadas: 42°12'58.4"N 8°07'16.4"W
Imaxes: non

Ara romana coa inscripción: "Diis Ceceaicis iriba Marcus Aeturi", que significa: "Marco da tribu dos Eturios dedica esta ara a Ceceaicis". Un habitante da Gallaecia, de nome romano, dedica un altar a Ceceacis(ou /kekaikis/), una divinidad indígena.


ALTO DE GUILLADE



Localización:
Filgueira - Crecente
Coordenadas: 42°12'47.9"N 8°12'20.8"W
Imaxes: non

Dende este punto podemos observar unhas magnificas vistas ponorámicas do paseo río Miño por estas teras tan cheas de vida, dende este punto veremos os municipios de Cortegada, Crecente, Arnoia, Gomesende, Pontedeva, e as montañas de Castro Leboreiro en Portugal.


COTO DA PENA



Localización:
Balenario - Cortegada
Coordenadas: 42°11'52.8"N 8°10'37.7"W
Imaxes:
non

Conxunto rochoso cunha caida vertical sobre o río Miño de 50 metros. Dende este punto podemos ver unhas magnificas vistas do rio cos seus meandros e do Balnerio de 1937.


ALTO DE MERÉNS



Localización:
Meréns - A Serra
Coordenadas: 42°14'05.0"N 8°09'49.4"W
Imaxes: Non

Vista panorámica do rio Miño, onde ao fondo da imaxe vemos a parroquia de Cortegada e San Bieito.


ZAPARÍN "A SARDIÑEIRA"



Localización:
Zaparín - A Sardiñeira
Coordenadas: 42°12'59.4"N 8°08'23.7"W
Imaxes: non

Vista panorámica do Val do Deva, veremos os municipios de Pontedeva, Padrenda e Castro Leboreiro en Portugal.


ZAPARÍN "A TORRE"



Localización:
Zaparín - A Torre
Coordenadas: 42°12'58.0"N 8°07'10.9"W
Imaxes: non

Vista panorámica do Val do Avia e do rio Arnoia, desde este punto veremos os municipios de Arnoia, Ribadavia, Carballeda de Avia e Leiro e os montes de Coto Novelle.