Portada  Ocio  Feira mercado

FEIRA MERCADO 1º domingo de cada mes

Imaxe petroglifos

O primeiro domingo de cada mes celébrase o mercado-feira de Cortegada no centro da vila entre a Praza Bos Aires, rúa Irmáns Álvarez e rúa Bouza Brey.

O Concello recupera a súa tradicional ’Feira do 19’. A Corporación municipal aprobou por unanimidade adoptar as medidas encamiñadas a impulsar novamente o mercado, acordando trasladalo do día 19 de cada mes, como se facia antigamente, ao primeiro domingo de cada mes co ánimo de que poidan disfrutar do mesmo tódolos veciños que residen durante a semana noutras localidades como Ourense e Vigo e que regresan á súa aldea de orixe os fins de semana.
É moita a xente que xe achega a este Concello disfrutar desta feira dado que e de gran calidade referente ós postos de venda, ademáis de degustar xa o ben coñecido polvo a galega, carne o caldeiro etc... Se queres poñer un posto no mercado-feira, deberás seguir os seguintes pasos:

1.- Chamar ó Concello, dispoñibilidade de sitio.
2.- Cubrir a solicitude formalizada.
3.- Dúas fotografías recentes tamaño carnet.
4.- Fotocopia do D.N.I.
5.- Fotocopia do carnet de venda ambulante.
6.- Seguro de responsabilidade Civil.
7.- Se vende productos alimenticios, carnet de manipulador de alimentos.
8.- No caso de ser extranxeiro non comunitario deberá contar cos permisos de residencia e de traballo


PUBLICACIÓN
BOP.- N.º 267 - pax 19 - do día 20 de novembro de 2007. - Ver publicación

SOLICITUDE INSCRICIÓN VENDA AMBULANTE
- Descagar formulario