Portada  Ocio  /  ENTROIDO

ENTROIDO sábado 24 de febreiro de 2018

Imaxe petroglifos

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.

Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.

PROGRAMACIÓN 2018

DESFILE
17:30 horas (Saída dende o polideportivo)

A partir das 19:00 horas
- Inchables
- Concurso de disfraces
- Grupo CLAXXON
- Degustación de orellas de carnaval
- Chocolate
- Bar

PREMIOS
Comparsas
1º - 400 €
2º - 200 €
3º - 100 €

Individual infantil - Cesta sorpresa
Parella infantil - Cesta sorpresa

Individual adulto - 30 €
Parella adulto - 40 €

* Para parcicipar no concusro deberán estar inscritos

BASES ENTROIDO
Descargar