O Zamaruco 2026 - Entroido

A tradición
O Zamaruco é unha figura emblemática do Entroido, unha das festividades máis antigas e arraigadas da nosa terra. A súa orixe pérdese no tempo, vinculado ás celebracións pagás que marcaban o final do inverno e a chegada da primavera.
Vestido con farrapos, peles e unha máscara impoñente, o Zamaruco representa o espírito irreverente do entroido, un personaxe traveso que percorre as rúas provocando risas, sustos e desorde festivo. Dise que antigamente, a súa presenza anunciaba o desenfreo dos días previos á Coresma, cando o pobo entregábase á música, o baile e a sátira.
Hoxe en día, o Zamaruco mantén viva esta tradición, combinando o ancestral co moderno. Cada ano, os participantes mergúllanse na maxia desta celebración, gozando de desfiles, comparsas e eventos que fan honra ás nosas raíces.
👉 Vive a historia, se parte do Entroido. Iscríbete e participa!
Está todo listo para que poidas incribirte no Concurso do Desfile do Zamaruco. Se tes o teu disfrace ou argallastes unha comparsa, non agardes máis. Grandes premios están en xogo! Bótalle unha ollada ás bases e descarga e inscríbete.
PROGRAMACIÓN
Comezo desfile 17:00 Horas
Concurso de disfraces 20:00 horas
Comezo festa: 21:00 horas - La Tremenda. (Campo da Feira)
...Música en vivo animación, comida, bar, Queima do Zamaruco...
PREMIOS COMPARSAS
1º - 1000 euros
2º - 800 euros
3º - 600 euros
Inscricións
Dende o 29 de xaneiro ao 25 de febreiro
MÁIS PREMIOS
Individual
- Adulto 50€
- Parella 70€
Premios infantiles
- Cesta sorpresa - individual
- Cesta sorpresa - parella
Comparsas locais
- 125€ por participar

