ANDAINA "Roteiro por terras de Cortegada"

Imaxe petroglifos

2014 - Domingo 26 de outubro
7ª CAMIÑADA POPULAR
ROTEIRO POR TERRAS DE CORTEGADA
Concello de Cortegada

CARTEL TRÍPTICO INSCRICIÓN IMAXES
DESCARGAR DESCARGAR DESCARGAR VER (Optimizado Exporer)

Terá lugar o vindeiro domingo 26 de outubro de 2014 con saída ás 9:00 horas.

O punto de partida estará situado na rúa Fermin Bouza Brey (inmediacións gasolineira). Chégase desde Ourense pola  A-52 ata Ribadavia. Collemos a segunda entrada a Cortegada ata chegar ao centro da vila. Unha vez alí dirixímonos dirección rúa Bouza Brey entrega de dorsais.

  • Ao remate os participantes dispoñerán de servizo de duchas e un xantar no lugar da meta. (Pavillón Marta Míguez).
  • Para poder optar a este xantar é imprescindible realizar a camiñada ou algún tramo da mesma.

PERCORRIDO
Partimos dende a rúa Bouza Brey - Balneario - Valongo - Refoxos - Carballeda - Zaparín - Louredo - Meréns - Vao - A Barca e Cortegada. Distancia 22,480 qms.
Haberá tamén unha ruta corta dunda distancia de 17,00 qms

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización, o participante que se retire deberá avisar no control máis proximo.

O perfil da proba pode considerarse de DIFICULTADE MEDIA.

Haberá tres puntos de avituallamento con líquidos e alimentos nos quilómetros: 6, 13 e 20.

INSCRICIÓN:
A Inscrición terá o prezo de 8 EUROS e dará dereito a avituallamento, agasallo e comida. Poderá realizarse dos seguintes xeitos:

A- Directamente nas tendas de deportes

GLOTÓN (RIBADAVIA) - BANATHLON (RIBADAVIA) - INTERSPORT BOUSO (OURENSE) - DEPORTES REDONET (OURENSE) - DEPORTES MONCHO (OURENSE).

B - Directamente no Concello de Cortegada (Concello: 988 483 001), do seguinte xeito:

  1. Realizar o ingreso do importe da inscrición (8€), na contas ES38 0030 6073 2308 7000 0271 do Banco Santander, ES86 2080 5294 7331 1000 5079 //ABANCA, ata o xoves día 23 de outubro. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
  2. Entregar o boletín cuberto no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, ou remitilo ó Concello por mail (concello.cortegada@eidolocal.es), neste caso deberá chamar para a confirmación da reserva, por correo electrónico ou por teléfono.

DORSAIS:

  • O reparto de dosais realizarase na saída (Rua Fermín Bouza Brey) o mesmo día da proba a partir das 8:00 da mañá.
  • No concello de Cortegada poderán retirarse ata o día 24 de outubro.
  • Se quedasen dorsais libres, poderán inscribirse na mesma saída, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes.
  • Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

RESPONSABILIDADES:

  • A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
  • Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

AGASALLOS:

  • Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.

COLABORA:

DEPUTACIÓN DE OURENSE - CARREFOUR - COCACOLA - GASOLINERA GRESCOR - VISO E HIJOS - FONTANERIA SIXTO - AGRO CORTEGADA - GARCIA DE TRADO - JOSÉ FERNANDEZ PELUQUEROS - J. VARELA - ALFER SERIGRAFÍA - PELUQUERIA CELIA - BODEGAS ARNOYA.

Casa do Conde, Supermercado Pincha Precios - Cafeteria Cortegada - Bazar Santiago Apóstol - Fonda Buena Vista - Panadería San Antonio - Supermercado Olga, Supermercado Tandy - Adega Beatriz - Carniceria Peral - Carniceria Jofer - Carniceria Flor - Bar Rivera - Bar Lito - Panadería Oliveira - Panadería Carmen y Jorge.