Portada  Facenda local  / PAGOS

INFORMACIÓN SOBRE PAGAMENTO DE TAXAS E IMPOSTOS

Imaxe Concello

PAGAR RECIBO ONLINE
//ABANCA - Enlace web

PAGO DOMICILIADO
É o xeito máis doado e cómodo de estar ao corrente das súas obrigas fiscais sen ter que estar pendente dos prazos de pagamento ou de recibir o aviso. Aforrará desprazamentos e evitará a posibilidade de recargas por pagamentos fóra de prazo.
A domiciliación pode efectuala a través de internet ou do teléfono 988 483 001, e será efectiva no seguinte periódo de cobro.
O non pagamento de calquera recibo poderá comportar a baixa de oficio da domiciliación bancaria.

PAGO EN ENTIDADES BANCARIAS EN VOLUNTARIA
Pode facelos efectivos, dentro dos períodos indicados, na oficna de //ABANCA.

PAGO FORA DE PRAZO
Os recibos que non se paguen dentro do período voluntario terán recargas e intereses sinalados na lei xeral tributaria.

PERDIDA OU FALTA DE AVISO DO PAGO
Se por calquera motivo non dispón do aviso de pagamento dun imposto, unha taxa ou un prezo público non domiciliado, unha vez finalizado o primeiro mes do período de pagamento, debe solicitar un duplicado a través de internet ou chamando ao 988 48 30 01.

COMO PAGAR SI NON TEN O DOCUMENTO DE PAGO
Se o que quere é obter copias dos documentos de pagamento, independentemente da situación en que este se encontre, período voluntario e/ou executivo (con recarga e, se procede, intereses), a través de Internet facilitámoslle unha copia para realizar o pagamento na entidade bancaria.