Portada  Facenda local  / ALEGACIÓNS

ALEGACIÓNS

Imaxe Concello

O trámite permite solicitar a anulación ou modificación dun tributo municipal ou prezo público, xa sexa en período voluntario de pagamento ou cando se reclame en período executivo (con recarga e intereses).

Deberá ter en conta que a mera interposición de recurso de alzada non suspende a execución do acto impugnado.

¿Que pode facer?
Pode finalizar o trámite por internet: encher o formulario de solicitude, achegar a documentación necesaria e presentalo no rexistro telemático do Concello de Cortegada.

¿Como se fai o trámite?
O formulario pediralle que se identifique cun certificado dixital e que utilice a firma electrónica para presentar a solicitude no rexistro telemático. Consulte a lista de certificados dixitais aceptados neste portal e os compoñentes técnicos que require a firma electrónica.

  • Cubra o formulario.
  • Achegue os arquivos ou ficheiros da documentación necesaria para o trámite. Consulte as condicións que teñen que cumprir os documentos electrónicos para que se acepten neste portal e o modo de xeralos.
  • Confirme os datos e asine a solicitude para presentala no rexistro telemático.

Posteriormente, recibirá a resposta á súa alegación ou recurso por correo postal.