Portada  Coñeceme  /  RESEÑA HISTÓRICA

XEOGRAFÍA e TERRITORIO

Imaxe petroglifos

DATOS
Coordenadas xeográficas Cortegada Latitude: 42.2077, Lonxitude: -8.16905
42° 12′ 28″ Norte, 8° 10′ 9″ Oeste
Superficie Cortegada 2.688 hectáreas
26,88 km² (10,38 sq mi)
Altitude Cortegada 143 m
469 ft
Clima Cortegada Clima mediterráneo (Clasificación climática de Köppen: Csb)

O Termo Municipal de Cortegada encádrase nunha área de transición entre os dominios climáticos oceánicos: húmido das Rías Baixas, mediterráneo da beira do Miño e continental da Terra de Celanova. Situado no Val do Miño, xa preto do seu curso baixo, penétrase lixeiramente a influencia oceánica. As temperaturas son cálidas moderadamente abundantes. A temperatura media é de 15,3ºC. A  temperatura media do mes máis frio (xaneiro) é de  9ºC e a do máis cálido (xullo) de 22,5ºC. A amplitude térmica extrema acada os 22,6ºC. O número de días ó ano libres de risco de xeadas e de 326. A precipitación anual media é de 1.124mm, cunha distribución estacional que amosa unha acusada seca estival: o 37,8% das precipitacións recóllense en inverno e o 33,7% no outono, fronte a un 10,4% no verán; pola súa parte, a primaveira establécese como estación de transición en valores medios (18,1%). Xeomorfolóxicamente, o territorio de Cortegada pódese dividir en catro partes, separadas polos vales dos rios Miño, Deva e Arnoia.

A amplitude térmica extrema acada os 22,6ºC. O número de días ó ano libres de risco de xeadas e de 326. A precipitación anual media é de 1.124mm, cunha distribución estacional que amosa unha acusada seca estival: o 37,8% das precipitacións recóllense en inverno e o 33,7% no outono, fronte a un 10,4% no verán; pola súa parte, a primaveira establécese como estación de transición en valores medios (18,1%). Xeomorfolóxicamente, o territorio de Cortegada pódese dividir en catro partes, separadas polos vales dos rios Miño, Deva e Arnoia.

Estes  tres  sectores  de menor altitude  están divididos por un macizo montañoso que presenta unha aliñación principal SL-NO, de alturas comprendidas entre os 300 e 500, m na que as principais elevacións son o Vilariña do Val, e 552 m altitude, situado entre as parroquias de Zaparín e Refoxos, no límite co Concello de Gomesende, O Refoxón, de 416 m , a parroquia de Louredo, e Meréns, 314 m, na parroquia homónima. Outro macizo aínda que menos vigoroso parte dende o centro do Concello con dirección NL-SO e con altitudes medias comprendidas entre 300 e 350 m; nel destacan o monte Corvo que culmina nos 359 m, entre as parroquias de Cortegada, San Beieto e Refoxos, e as Picoñas, 369 m na parroquia de Valongo, o principal curso de auga que atravesa o Concello é o río Miño, estancado neste sector polo encoro de Friera; as súas beiras forman os espacios naturais das ribeiras do Miño, que atravesa as parroquias de Meréns, San Bieito, Cortegada e Valongo.

Outros ríos importantes, todos eles afluentes do Miño, son o Deva e o Arnoia; o primerio transcorre na marxe dereita no seu tramo final pola parroquia de Valongo; o segundo só discorre brevemente no linde norooriental do municipio, na parroquia de Zaparín. Finalmente, cómpre mencionar o rego da Ponte que verte directamente no Miño tras drenar a parroquia de Cortegada.