Portada  Coñeceme  /  PERSOEIROS

PERSOEIROS

FRAY DOMINGO FERMÍN DE VERGARA
No ano de 1695 tomou posesión do Obispado de Popayán o español Fray Diego Fermín de Vergara, da orde de San Agustín, preconizado por Clemente XII. En 1740 foi promovido ó arzobispado de Santa Fé (12). O 22 de agosto 1741 chegou o Arzobispo á capital, e no mes de abril seguinte recibiu o palio e deu principio ó exército do seu goberno. Este prelado deu protección decidida á súa orde en Santa Fé, e contribuiu á contrucción do colexio de Agustinos Calzados, espacioso edifico que ocupa a acera ocidental da antiga praza de San Agustín (13).

Faleceu o Arzobispo Vergara o 7 de febreiro de 1744, e o seu enterro tivo lugar na igrexa de Agustino Calzados. Dél existe un retrato na catedral ca inscripción que segue:

O Illmo. e Rmo. Sr. Mtro. D. Fr. Diego Fermín de Vergara, natural de Cortegada en Galicia, da Orde dos Ermitaños de S. Agustín na Prov.a Caft.a Definidor nela. Regt.e de estudos en Santiago. Prior de S.n Felipe. Examinador Sinodal do Arzobispado de Toledo. Teólogo na Nunciatura de España. Foi Obispo de Popayán e promovido a este Arzobispado do N.vo Reino de Granada.... Metropolitana de Santafé de Bogotá. Entrou o 26 de Agosto de.... (A data borrada é a de 1741).

En lembranza e agradecemento a Fray Fermín de Vergara polos donativos para a contrucción da igrexa parroquial, consérvase unha praca feita en pedra colocada na fachada principal da igrexa de San Martiño de Valongo. Consérvase tamén a súa casa natal e a capela do Rosario , fundada por él e co escudo episcopal na igrexa.


JOSÉ OJEA OTERO
Naceu o día 16 de agosto de 1845 e finou o día 3 de decembro de 1900. Político e escritor. Militou no partido Republicano e participou en diversos pronunciamentos e movementos políticos en favor da Primeira República Española. Foi deputado no Congreso dos Deputados (1873-1874) e ó caer o réxime republicano, foi perseguido e tivo que exiliarse en Portugal. Escribiu Célticos (1883), El mundo rural. Cuadros de costumbres (1890) e Regalo de la Vida (1895). Esta soterrado na igrexa parrroquial de San Bieito.



FERMÍN BOUZA BREY
Ponteareas 1901 Cortegada 1973. Naceu en Ponteareas (Pontevedra) o 31 de marzo de 1901. Cursou Estudios de Filosofía, Letras e Dereito na Universidade Compostelana, doutorándose en Madrid. Ingresou na carreira xudicial e foi maxistrado de Santiago, Lérida, Pontevedra e na Territorial de Oviedo. En 1923, sendo estudiante en Santiago e co motivo dunha visita á casa de Ortoño, donde viviu Rosalia de Castro, concebiu con outros compañeiros, A fundación Seminarios de Estudios Galegos, na que se fixo unha intensa labor, continuada logo na Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Pai Sarmiento. A súa principal actividade propiamente dita lévaa a cabo como poeta en Nao Senlleira, editorial Nós, Santiago, 1933. Recolle nesta obra un número limitado de composicións moi selectas, a maior parte delas foran publicadas, a partir de 1922, en Nós, revista na que despois colaborou asiduamente como poeta erudito. Despois da Guerra Civil española publicou o seu segundo libro de versos; Seitura, Braga, s.d.. cunha ortografía adecuada ós lectores portugueses. Na colección «Lar» da novela corta, número 15, A Coruña. 1925, podemos ler o seu breve relato Cabalgadas no Salnés. Destas pezas literarias a que probablemente quedará como un hito na historia da literatura galega é a primera: Nao Senlleira.


ALFREDO ÁLVAREZ PUGA
Naceu no ano 1868. Con seu pai e o seu irmán emigrou a Buenos Aires en 1885. Ambos irmáns empezaron traballando como obreiros da cosntrucción e aproveitando as horas de descanso ou restándollas ó sono, fixéronse arquitectos. Viviron sempre, en Argentina, facendo visitas esporádicas á súa aldea natal. Pai e fillos construiron a aduana do porto bonaerense; a Guillermo e a Alfredo débeselle a construcción da Embaixada de España en Buenos Aires, o último dos cales tamén construiu tamén o panteón do Centro Galego na Charita. Alfredo foi socio fundador do Centro Galego para o que aportou un solar e dotou unha sala con camas, no cal na entrada principal existe un busto que recorda a súa actividade e interés; foi presidente do Consello de Administración do Banco Español do Río da Prata, da Asociación Patriótica Española, da Azucareira Arxentina, membro da directiva do Club Español e do Hospital de Beneficiencia Español (Hoxe Hospital Español). Morreu en Buenos Aires, en 1926, donde esta soterrado.


GUILLERMO ÁLVAREZ PÉREZ
Naceu o ano 1867 emigrou a Buenos Aires co seu pai e irmán no 1885. A actividade de Guillermo Álvarez Pérez, socio do Centro Galego, levouna acabo tamén na súa aldea. Gracias a amizades influíntes, en especial do Conde de Bugallal, conseguiu para Cortegada escolas, Concello, Xulgado de Paz, Correos e Telégrafos, carreteras (Ourense-Pontebarxas)... Contribuíu en boa medida cos gastos necesarios, como a construcción do edificio destinado ó Concello, o do Xulgado, escolas e vivendas para mestres, construcción dun pequeno asilo, etc. Alfonso XIII recompensoulle en 1923 coa Cruz de Isabel a Católica, e Cortegada cunha placa no Concello e unha calle a nome de Hermanos Álvarez, en recoñecemento a labor de todos eles. Máis tarde por suscripción popular, dedicáronselle uns xardíns presididos por un busto, obra de Francisco Aorey. Faleceu en Buenos Aires en 1929; anos máis tarde foron trasladados os seus restos ó cemiterio de Cortegada.


EDUARDO ÁLVAREZ PÉREZ
Naceu o día o 5 de agosto de 1930. Licenciouse en Dereito pola universidade de Santiago de Compostela e recibiu o titulo de periodista pola Escola Oficial de Barcelona. Foi director da redacción na Editorial Nereo, director literario de Edicións Ánfora, secretario xeral de Edicións Mundo e subdirector de Mundo-diario. Pertence á xunta de fundadores do seminario Mundo, de Barcelona, do que e director. Colaborador habitual dos periódicos Madrid, Diario de Barcelona e Mundo-Diario. Publicou: La estinción de las Obliglaciones: el pago (Barcelona, 1963), Suma práctica de las concesiones administrativas (Barcelona, 1965), Historia de la Falange (Barcelona, 1970), Los noventa ministros de Franco (Barcelona, 1971) e Matesa (Barcelona, 1974). O penúltimo libro, en colaboración con J. C. Clemente e J.M. Girones.


ENRIQUE CARPINTERO ARAUJO
Enrique Carpintero Araujo naceu o día 24 de setembro de 1932 en San Benito do Rabiño, casado con dona Dolores Vázquez Méndez do cal tivo catro fillos: Enrique, María Teresa, Juan Manuel e Maria Dolores.

Dende a súa profesión de funcionario de Correos accede á política municipal de Cortegada en 1970. Por entonces exerce como tenente de alcalde hasta que en 1974 é nombrado rexidor do municipio polo gobernador civil do momento, Daniel Regalado Aznar. Xa en época democrática gaña as eleccións primeiro con Alianza Popular e máis tarde co Partido Popular, sempre por maiorias absolutas durante 33 anos, hasta que decide a súa retirada en maio de 2007. Durante tres lexislaturas desempeñou asimismo o cargo de deputado provincial polo Partido Popular.

Con él como rexedor do Concello chega o alumeado público, apertura e asfaltado de pistas, rede de saneamento e auga, campo de futbol, policlínico, polideportivo, piscina, locais sociais etc...

Tras coñecerse o finamento o día 8 de mayo de 2008 o Concello de Cortegada decretou por unanimidade, declarar tres días de loito no municipio así como un manifiesto no que se recoñece explícitamente a labor de Carpintero Araujo como rexidor do municipio. Seus restos reposan no cemiterio de San Bieito do Rabiño.


JOSÉ MANUEL OTERO NOVAS
Naceu o día 23 de marzo de 1940 Xurista. Avogado do estado ante o tribunal supremo, durante o Franquismo foi un dos fundadores do grupo Táctico. Foi director xeral de Política Interior (1975-1976), subsecretario técnico do presidente Adolfo Suárez (1976-1977), ministro da Presidencia (1977-1979) e Ministro de Educación (1979-1980). Promoveu o decreto de incorporación de lingua Galega ó sistema educativo. Deputado pola UCD e polo PP (1979-1993), en 1982 fundou o Partido Demócrata Polular. Colaboracións en Diversas publicacións. Recibiu a Gran Cruz das ordes de Carlos III, Isabel a Católica e Alfonxo X o Sabio.


PLÁCIDO MÉNDEZ DOMÍNGUEZ
Nace en Cortegada o día 26 de decembro de 1948 fillo de Plácido e María Remedios, quedou orfo con 8 anos quedando a vivir cos seus avos Marcial e Isabel, estudiou na escola do Alto da Barca e maís tarde nos Maristas en Ourense onde sacaba moi boas notas. Como di a xente da Vila fíxose a el mesmo, gustáballe moito a lectura non pasaba un día sen ler antes de ir a cama proba de elo e a biblioteca que posúe.  Os dezaito anos comeza a traballar no Concello no arquivo municipal sendo alcalde Andrés Gil Carpintero pasados dous anos pasa a plantilla e traballa como funcionario 32 anos desempeñando o cargo de Auxiliar de Administrativo, Bibliotecario e Porteiro.
Plácido conocido polos amigos como o "Conde" foi un defensor da Vila dedicou boa parte da súa vida a Cortegada foi fundador en 1981 do Club de Futbol Cortegada, tamén no 1981 fundou a Peña Sector Crítico, fundador da Agrupación Musical Monte do Baño, Presidente da Cruz Vermella durante 13 anos, Secretario do Coto de Caza, membro da A.P.A., impulsor dos Carnavais, etc.... Plácido sempre foi moi apreciado entre a xente do Municipio e redores nunca tiña un non por resposta era un funcionario 24 horas.
Despois dunha larga enfermidade falece o día 16 de xuño 1999 en Cortegada deixando dous fillos de 11 e 18 anos e un grato recordo entre a xente da Vila.