Portada  Concello  ALCALDÍA

ALCALDÍA

Á web oficial do Concello de Cortegada, un espacio aberto, un lugar de encontro para tódolos veciños de Cortegada e tamén un escaparate para todos os que nos visitan dende fóra da Vila virtualmente. Aquí amosamos as peculiaridades que singularizan este municipio, cruce de camiños con Portugal, Pontevedra, un referente rexional.... 

Nos últimos anos Internet converteuse nunha magnífica ferramenta para as administracións públicas, na que atopamos un novo espacio para contactar cos cidadáns, e no que ofrecerlles toda a información sobre o seu concello, achegándonos así, ainda máis a eles. 

Cortegada coma outros concellos súmase a este mundo de internet, ventá aberta ó mundo. Moitos foron os esforzos realizados por converter a nosa páxina web nun referente. Neste  contexto o Concello de  Cortegada  márcase  o reto inmediato de dixitalizar os seus servizos e camiñar con pasos firmes na sociedade da información. 

Queremos que a páxina web sexa unha mostra real do que somos, do que temos que ofrecer aos cidadáns e aos que nos visitan ou pensan facelo; queremos que sexa un foro aberto, que medre coa colaboración de todos, polo que como novidade engadimos un buzón de suxerencias e comentarios co que vos pedimos que formedes parte deste proxecto. 

A Cortegada que aquí intentamos que vivades virtualmente, é un punto intermedio entre  a Cortegada dos nosos sonos e a realidade tanxible dun val que hoxe en día é un dos lugares máis fermosos da nosa Galicia interior, vivo, con un sin fin de potencialidades e cheo de futuro, por que Cortegada ten un futuro envexable.

O alcalde
Asdo.: Avelino Luis de Francisco Martínez.