Portada  O CONCELLO

O CONCELO

Imaxe Concello

No antigo réxime o termo municipal que hoxe se coñece como Concello de Cortegada, aparecía dividido entre as xurisdiccións de Refoxos e o couto redondo de Meréns,  os dous  na  provincia  de Ourense, ca seguinte descripción e dependencias: a Xurisdicción de Meréns dependía de S.S. e X.O. polo conde de Fefiñáns e a Xurisdicción de Refoxos coas parroquias de Rabiño e Valongo pertencían a S.E. e X.O. polo mosteiro de Celanova, orde de San Bieito.

O que agora coñecemos co nome de Concello de Cortegada, cando se crean os novos concellos constitucionais, non figura, xa que nin sequera era parroquia, pero en cambio si eran parroquias Valongo e Rabiño, actualmente  parroquias do Concello dentro do partido de Celanova, e no que figuran nos documentos que fai a deputación única en  Galicia, para repartir entre os Concellos o cupo de Quintas e o da contribución territorial e de consumos. Na tramitación que seguiron na provincia de Ourense o partido xudicial correspondente a Celanova, entre os que se atopaba o de Cortegada,  pasou a comisión designada do deputado do partido e dous máis na sesión do 28 de outubro de 1835, e a comisión non tardou en emitir o seu informe xa que o mesmo foi visto, o igual que na sesión anterior pola deputación provincial. Na do 2 de novembro de 1835 acordaron aprobalo e que os membros da comisión se achegarían a secretaría para rectificar segundo o informe o expediente e estados do mesmo, para unha vez recomposto remitirllo ó Goberno Civil.

O   E s c u d o    -   Aprobado no D.O.G.A. do luns día 3 de febreiro de 1992

D e s c r i p c i ó n:
En campo de gules, unha fonte de cor natural e mazonada de sable sumontada dunha árbore de sinople, rodeados de cinco cruces de ouro. Na punta do campo ondas de prata e azur. O timbre coroa real cerrada.

u s t i f i c a c i ó n:
As cruces fan alusión ás cinco parroquias do Municipio: Cortegada, Meréns, San Bieito do Rabiño, Refoxos e Valongo. A fonte simboliza os baños termais existentes en Cortegada, e a árbore sinala a riqueza forestal e a puxante industria da madeira. As ondas refírense ó río Miño que circunda o municipio nunha gran extensión. A fonte e o río aluden o nome co que se coñece como,"Cortegada de Baños ou Cortegada de Miño"

O   T o p ó n i m o
O escritor romano Plinio, seculo I d.C, nombrase a isla Corticata, sen duda a actual Cortegada na ría de Arousa; o escritor grego Ptolomeo, século II d.C, nombrase unha Corticaca en territorio hoxe andaluz. Parece seguro que Corticaca sexa tamen nome latino do que deriva Cortegada, que se rexistra sete veces en Galicia e cinco en Portugal. O mome de Cortegada e os de Cortegaza, Cortegana, Cortegosa, Cortegoso e Cortiguera, ect..., repartidos por toda a península, son un conxunto que podemos derivar do término latino cortex que significa cortiza o cortizo, en especial corcho, en castelán cáscara o corteza a corteza do sobreiro (alcornoque).

De cortex supoñemos un derivado *cortica alusivo a sobreiro e a súa cortiza e, polo tanto, con corticata, Cortegada, nómbrase o lugar onde abundan os sobreiros, ou ben hai construccions nas que interveñen o corcho: por exemplo colmeas, e decir, cortizas, alpendres, cabañas, etc... Debe sinalarse que Cortegada é, como ocorre con outros moitos nomes depoboacións, un testimonio dunha palabra que xa non está na lingua comúm.

Os términos cotiza e cortizo tamén derivan do latino cortex, cortiza o cortizo, e especilizanse en nomear a árbore mais coñecida e aproveitada pola sua corteza o sobreiro "corcho". Pero na lingua galega cortizo co significado alcornoque, xa é escaso por que esta árbore xeneralizouse co nome de sobreira ou sobreiro, o nome que deriva do nome latino corcho, e decir, de suber: polo tanto sobreira, sobreiro e a árbore do corcho, da cortiza. Abundan os nomes de lugar como; Sobreira, Sobreiro, Sobreiral...., neste grupo podemos incluir Sobroso, Sobredo..... pero non podemos incluir Sobrado, que ten outra orixe e outro significado.