Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro

Imaxe Concello

OBXETO
Tratar de constatar a existencia dunha vía de peregrinos por estas terras, pasando por Ribadavia cara Santiago de Compostela, resulta forzosamente ineludible.Ven é sabido, que “todos os camiños conducen a Roma”, mais tamén é certo que, por diferentes circunstancias que o longo deste proxecto tratarei de ir desgranando, algunhos eran máis transitados ca outros. Vanme permitir que poña en dúbida o esquecemento o que este camiño foi sometido o longo da historia máis recenté, por diferentes circunstancias históricas ( raia seca, guerras hispano-lusitanas, enfoque rexional socio-histórico-económico-costero...). Agora pode ser un excelente momento para reclamar a importancia que esta vía tivo no pasado en todos os sensos e ámbitos.

O CAMIÑO POR TERRAS DE CORTEGADA 
Logo do traballo de investigación realizado, son moitos os datos que corroboran a existencia dun camiño de peregrinos por estas terras rumbo a Santiago, pasando por Ribadavia, que me propoño mostrar.

Itinerario
Dende Castro Leboreiro, ate donde chegarían xentes de Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Entrimo, Lobios, Lamas de Mouro, A Peneda…e, a través do “Camiño da Porteliña”, diríxese ó pobo da Alcobaça e a Azureira polo ”Porto dos Cabaleiros chegar a Monterredondo.

É preciso suliñar que según se desprende de diferentes fontes (10), e posible que existise unha vía romana que chegaba dende as terras de Lobios (Manín), Entrimo (Pereira) atravesando as terras de Castro Leboreiro ate Azureira continuando por Pontetrado, Cortegada, Arnoya ate Ribadavia, o que indicaría a transcendencia deste roteiro.

Deste xeito, o vial que viría de Castro pola Azoreira, adéntrase no núcleo de Monterredondo, (término cun especial e relevante interés toponímico). Aquí atópanse restos dun formidable castro-fortaleza e da vereda de comunicación.

Interesante resulta tamén o interés que despertou dende sempre este couto, para as fontes de poder (Fiaes, Celanova, Milmanda...).
Nun vello documento do tombo de Celanova fechado no ano 986 xa aparece mencionado:

“Damus etiam et pro luminaribus eclesie mellarios que sunt en mea Sauto, Laureto cum raucis, Monte Rotundo...” (11)

Tamén como vila, nun documento do ano 1000 do Mosteiro de Celanova:

“... villas nostras in valle de Deva tasatrio... alia villa in Monte Rodundo subtus Monte Leporario;...” (12) 

Sinalar tamén, que aquí existiu un convento de Bernardos, destinado a parroquia por real Orden de 12 de Novembro de 1836(13).

Dende alí continúa dirección Pardellas pola “Calzada” tal e como aínda hoxe denominan os lugareños o camiño que se dirixe cara Esmoriz e Gorgua;  pasando polo magnífico Ponte Silvares.

Tombo de Celanova, ano de 940.

“... per medio mea ratione in villares e bustos que habeo communes cum meos heredes in monte Leporario qui iacent inter rivuos En et Gorgula... sexto villare que dicunt Gresulfi, septimo villare que iacet in ripa de Gorgula...” (14).

Excepcional e clarificadores resultan estes documentos que nos dan unha pista das posibles vías de conexión entre os diferentes lugares referidos.
Monterredondo, Gorgua, Esmoriz, Freáns, Ponte dos Liños, Gresufe,  -esta última entidade, a onde se chegaría despois de atravesar o Ponte dos liños fai honor a súa antigúedade o ser atopada alí unha ara romana(15) que testimonia a presencia de xentes dende moi antigo.

Verea de Ponte as Barjas.
Este é un camiño moi antigo.

Esta vía, procedente da vila de Melgaço (Portugal) continuaba ate  San Gregorio, atravesaba o río Troncoso, (actual fronteira natural entre España e Portugal desembocando no Miño). No fondo do pobo de San Gregorio –no lugar doPaso- (evidencia toponímica inexcusable), existen 
augas termais. Adentrábase así na actual Galicia, como se referencia no Catastro de Ensenada correspondente o interrogatorio de Padrenda-Desteriz preto de Cuvido ou civido (Acivido) –posible referencia toponímica román- ; ou  por Pontebarxas, que tal e como atestiguan os documentos máis pretéritos tivo un ponte dende moi antiguo e, deixa constancia a súa vez, dunha verea por esta localidade nun vello foro: 

…con la verea de ponte as Barjas…” (43)
“ … Tambien hay tres puentes o pontillones de paso sobre el río que llaman de Puente a las Barjas y por el otro nombre Rio Troncoso que media entre esta feligresía Reino de Galicia y el de Portugal… Se hallan dichos puentes uno al sitio que llaman Civido otro al de Puente las Barxas otro al de la cela…” (44)

 Sn. Ciprian de Padrenda. Catastro de Ensenada 1750.

Logo por DesterizFormarigo.

Tumbo de Fiaes Ano 1224:

“... pro remissione pecattorum nostrorum facimus cartam testamenti de uno nostro casali quod habemus in Desteriz casali nominato de Formarigo...” (45)

LordeloCarreira (nova constatación de índole toponímico), Sta. María do Hospital do CondadoSaaLaxaTrado(Pontedeva), atravesa o río Deva polo Ponte Trado. Entramos así nas terras de Cortegada de Baños -coñecida polos seus baños, augas quentes, aproveitadas xa dende moi antigo polos románs-   Sn. Martiño de Valongo, Priorato de Refoxos, Louredo (Mosteiro de San Vicente), Merens e Arnoya cara Ponte Castrelo ou Reza ate Ribadavia.