CAMIÑO MIÑOTO RIBEIRO / Xacobeo 2021

Imaxe Concello

O CAMIÑO
O Camiño Miñoto Ribeiro é un dos vieiros máis antiguos que enlazaban o norte de Portugal ca cidade do Apóstolo Santiago. É por natureza,  eixo vertebrador dun territorio, que engloba entre outros caracteres, tres elementos diferenciadores que lle confiren un carácter específico propio : Natureza, Termalismo e Viño.

Tal e como expresa Luis Fernández Garrido no seu traballo: “El Camino Portugués”: “… hoy el camino de Santiago sigue transcurriendo en la mayor parte de su trazado a través de aquellos mismos senderos, muchas vías y calzadas romanas o medievales…” Este carácter relacional venlle dende moi antigo, comunicando castros e poboamentos prehistóricos a máis da inxente abundancia de asentamentos megalíticos e túmulos sepulcrais, que nos recordan a prematura habitación destes lares.
Este providencial desenrolo e vitalidade, verase posteriormente recompensado no tempo cunha via específica que percorre excepcionalmente este itinerario, a: “Vía Aquis Orígenes-Lucus”. Deste xeito dende as terras da Bracara Augusta a través da Baixa Limia, a excepcional Serra do Xurés e seguindo o itinerario do Miño, adentrémonos no Ribeiro. Terra de viño que de seguido a de encher as barricas da cidade  seguindo o itinerario dos arrieiros que levan consigo, no só este elemento dignificador do espíritu humán, senón a todo un elenco de peregrinos. “Los viñedos desde que se hizo el Camino fueron y son compañeros inseparables de los peregrinos
Reflexo fiel desa realidade é a solicitude que Dn. Pedro Martín Cermeño García Paredes, capitán xeral do Reino de Galicia emite respecto dun memorial feito polo coengo da catedral de Santiago, D. Jorge Cisneros, que logo de tomar os baños na vila de Cortegada, queixábase da situación dos camiños que conducían desta vila a cidade de Santiago, pontes e tránsitos, que estaban en mal estado “…pues con ello podrán transitar con menos incomodidad los peregrinos, pasajeros y gente de comercio
Mais todo esto era posible, gracias a proliferación ó longo do camiño, de institucións hospitalarias que velaban polo benestar dos peregrinos e o cultivo da vid. A orden do Temple, a dos hospitalarios de San Xoan, reconstituída logo como a orden de Malta, deixaron una forte pegada. Así temos constancia, ate o dagora, de hospitais nos mosteiros de Sta. María de Fiaes, San Salvador de Paderne –Melgaço, ou a Igrexa de Santiago de Barbeita (Monçao)... (Melgado), Ponte da Lima, Hospital en Entrimo, Sta. María do Hospital do Condado, San Pedro da Torre (Padrenda), Priorato de Refoxos (Cortegada), San Mauro (Arnoia), Cabanelas, ate 6 hospitais na vila de Ribadavia e por suposto as encomendas de Beade e Pazos de arenteiro…
Tamén resulta curioso e característico que todos estos estos padroados, extratéxicamente ubicados ó longo do camiño, parecen ligados por un denominador común: a proliferación de augas quentes. Dende as caldas do Geres, caldas de Lobios, pasando polas de Monçao, Melgaço, Padrenda (A granxa), Cortegada de Baños, Arnoia, Prexigueiro,… todas elas proporcionaban os maltreitos peregrinos, un excelente edulcorante para a súa fatiga ou calquer outra doenza ca que habían de penar, ó longo do seu peregrinaxe.

BREVE TRAXECTORIA HISTÓRICA DO CAMIÑO
Ubicación e Itinerario
Indudablemente estamos a falar da outra vía excepcional que unía o norte de Portugal con Galicia. Efectivamente trátase da Ruta do Interior, en contraposición a ruta da costa por Tui e Valença.

1. Dende o norte de Portugal (Monçao, Melgaço, Castro Leboreiro),  atravesando os concellos de   *Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Melón, Ribadavia, Beade, Leiro, Carballiño, Boborás, Beariz, Cerdedo*,  Forcarei, A Estrada, Vedra, Boqueixón, Santiago de Compostela.
2. Braga, Ponte da Lima,  Ponte da Barca  cara a Baixa Limia, Lobios e Entrimo,  Castro Leboreiro*.

Mais concretamente:
Dende Castro Leboreiro, ate donde chegarían xentes de Braga, Ponte da Lima, Ponte da Barca, Lobios, Entrimo, e, a través do “Camiño da Porteliña”, diríxese ó pobo da Alcobaça e a Azureira polo “Porto dos Cabaleiros” ate chegar a Lapela, Monterredondo. Dende alí continúa camiño da Portela, Bandexa, Lordelo, Carreira e Condado.
Aquí no Hospital de Santa María do Condado atoparíase cos que chegaban das terras de Monçao, Melgaço por San Gregorio ate Pontebarxas, e cos de Fiaes e Paderne por Pousafoles ate Lavandeira.
Seguiría por Saa, Laxa, Trado (Pontedeva), atravesa o río Deva polo Ponte Trado. Entramos así nas terras de Cortegada de Baños -coñecida polos seus baños e augas quentes, Sn. Martiño de Valongo, A Barca , Louredo (Mosteiro de San Vicente), e Merens a onde chegararían aqueles que viñan das terras de Gomesende logo de descansar no priorato de Refoxos, e xa en dirección a Arnoia cara Ponte Castrelo onde se lle unirían as xentes das terras de Celanova ou Reza ate Ribadavia.

Logo saíndo de San Cristobo de Eigón, continuaba cara Beade, a continuación dirixíase a Regadas para continua a Lebosende, e dende aquí ate Cabanelas, Pazos de Arenteiro. A continuación dirixíase a Boborás e de ahí a Feás  para continuar por Beriz, Soutelo, Vilapouca, Cachafeiro, Gaxín, Ponte Gomail, Santa Mariña de Castrelo, e a Mámoa (Castrelo. De Mámoa (Castrelo) vai a Forca da Lagoa , Boimorto, Senteiro, Curantes, Brey, San Pedro de Ancorados, Porto, O Francés, Pereira, Vilancosta, Ribeira y (San Miguel de Sarandón) Ponte Sarandón que cruza el río Ulla. San Cristóbo de Merín y Santiago de Compostela.

Cástor Pérez Casal
Cortegada, 24/10/2017