A Casa do Concello

Nome actual
Casa do concello de Cortegada
Ano de inaguración
1935
Promotor
D. Guillermo Álvarez Pérez
Historia
  • O uso dese edificio no pasado era centro de ensino primario e as casas dos profesores/ as, tamén sede do concello, casino e xulgado.
  • Máis

O Concello

Historia

No antigo réxime o termo municipal que hoxe se coñece como Concello de Cortegada, aparecía dividido entre as xurisdiccións de Refoxos e o couto redondo de Meréns,  os dous  na  provincia  de Ourense, ca seguinte descripción e dependencias: a Xurisdicción de Meréns dependía de S.S. e X.O. polo conde de Fefiñáns e a Xurisdicción de Refoxos coas parroquias de Rabiño e Valongo pertencían a S.E. e X.O. polo mosteiro de Celanova, orde de San Bieito.

O que agora coñecemos co nome de Concello de Cortegada, cando se crean os novos concellos constitucionais, non figura, xa que nin sequera era parroquia, pero en cambio si eran parroquias Valongo e Rabiño, actualmente  parroquias do Concello dentro do partido de Celanova, e no que figuran nos documentos que fai a deputación única en  Galicia, para repartir entre os Concellos o cupo de Quintas e o da contribución territorial e de consumos. Na tramitación que seguiron na provincia de Ourense o partido xudicial correspondente a Celanova, entre os que se atopaba o de Cortegada,  pasou a comisión designada do deputado do partido e dous máis na sesión do 28 de outubro de 1835, e a comisión non tardou en emitir o seu informe xa que o mesmo foi visto, o igual que na sesión anterior pola deputación provincial. Na do 2 de novembro de 1835 acordaron aprobalo e que os membros da comisión se achegarían a secretaría para rectificar segundo o informe o expediente e estados do mesmo, para unha vez recomposto remitirllo ó Goberno Civil.


Termalismo

Posiblemente o Balneario de Cortegada sexa un dos mellores balnearios de España, e sen dúbida, o máis completo da zona norte. As augas de Cortegada están consideradas das mellores de España polas súas propiedades mineiro medicinais. A nosa localización é privilexiada xa que pertencemos á comarca do Ribeiro, e estamos preto de Vigo e de Ourense. Ademais, o deseño das súas instalacións termais é exclusivo.

Máis

Imaxes destacadas

Curabitur facilisis pellentesque pharetra. Donec justo urna, malesuada a viverra ac, pellentesque vitae nunc. Aenean ac leo eget nunc fringilla a non nulla! Nunc orci mi, venenatis quis ultrices vitae, congue non nibh. Nulla bibendum, justo eget ultrices.


Pincho, viño rico e bo prezo

A gastronomía de CORTEGADA caracterízase pola súa variada cociña tradicional e popular elaborada con produtos procedentes dos nosos ríos e campos, conservando a esenza culinaria tradicional, e que foi trasladándose ao longo dos anos dunhas xeracións a outras. Carne de xabarín, coello con arroz , Peixes como as troitas, e todo elo co bo viño do Ribeiro.

Máis