"O
Medio Ambiente está constituido polos
elementos naturais e artificiais da natureza
física, química, biolóxica,
sociocultural e das súas interrelacións en
permanente modificación pola acción
humana ou natural que rixe, condiciona a existencia
e o desenrolo da vida".
¿P
o r q u é c
o i d a l o?
Pese a que tódolos días vemos
os motivos polos cales é tan importante protexer
o noso ambiente, ainda hai xente que se pregunta
por qué... por qué debemos coidar
o noso planeta.
En Cortegada creemos que a beleza deste planeta
é inmensa e que a sola idea de ir perdéndoa
pouco a pouco é terrible. Amar a natureza
é o que nos da a forza para defendela día
a día. Mirar o ceo limpo, observar
o río claro e cheo de vida, sentilo
aroma especial que ten un monte despois da
choiva, contemplar un paxaro construindo delicadamente
o seu niño... todas estas cousas querémolas
seguir faendo.
Agora ben, para algúns amar o mundo
non é suficiente razón, e cremos
que hai máis... Imaxínate que
o ambiente fose prestado ós homes. Cando un
amigo che presta un xoguete ou un libro ti podes
usalo; está ben que o fagas, pero estaría
mal se o romperas, se o usaras con descoido.
É importante pensar que o mundo non
nos pertence, foi prestado para que
vivamos nel e ulilizalo con sabiduría,
e iso é o que debemos faer... vivir del
para existir, non destruilo para non existir.
Pero tamén debemos protexelo noso ambiente
porque necesitámolo. ¡É moito! Dependemos
del para existir. Noso planeta bríndanos
tódolos recursos naturais que precisamos
para alimentarnos, construir nosas vivendas,
ter luz, transportarnos, vestirnos, etc. Mira
un segundo ó teu redor... todo o que ves: un
papel, un lápiz, un ordenador, un coche,
un vidro, etc... obtense, directa ou indirectamente
do medio ambiente, polo que e importante que aseguremos
a súa capacidade de crear para seguir
subsistindo del.
Se destruimos o medio ambiente estaremos perxudicándonos
a nós mesmos, ós nosos fillos e ós nosos netos.
Coidar o planeta e coidarnos, esa é
unha moi boa razón ¿non che
parece?, se ti a coidas ela coidarate,
se ti a respetas ela respetarate.