|

|
Teléfono Mancomunidade: 988 484 700
Teléfono indencios forestais: 085
A
prevención de lumes e emerxencias están
centralizadas na Manucomunidade do Ribeiro. No noso Concello contamos cun Pikap con cincocentos litros para unha rapida intervención en calqueira punto do noso Concello.
É importante facer observar cas unidades
de protección civil e emerxencias,
son de natureza técnica, quere isto
dicir que non son unidades de intervención,
como, por exemplo, os bombeiros, os servizos
sanitarios ou as forzas e corpos de seguridade
do Estado, senón que son unidades para
o estudo de riscos, o apoio á planificación
de emerxencias, e a coordinación dos
recursos e servizos actuantes ante unha situación
de emerxencia.
|
Dito
de outra forma, son unidades pensadas para
dirixir a xestión das situacións
de emerxencia, facilitando á delegación
do Goberno o mando integrado - mando único
de coordinación - de tódolos
servizos profesionais e voluntarios que sexa
necesario movilizar para facer fronte á
situación.
Ao ser unidades da Administración do
Estado, a súa intervención na
xestión de emerxencias atópase
circunscrita, por definición legal,
a aquelas situacións que sexan declaradas
de interese xeral, para o cal debe de darse
algún dos supostos recollidos na Norma
Básica de Protección Civil:
Que
sexa necesaria a protección de persoas
e bens en aplicación da Lei Orgánica
4/1982, do 1 de Xuño, reguladora dos
estados de alarma, excepción e sitio.
Que sexa necesario prever a coordinación
de Administracións diversas porque
a emerxencia afecte a varias Comunidades Autónomas
e esixa unha aportación de recursos
a nivel supra-autonómico.
Que polas dimensión efectivas ou previsibles
da situación se requira unha dirección
nacional das Administración Públicas
implicadas. O anterior non quere dicir, nembargantes,
que estas unidades permanezan axenas ao desenrolo
daquelas emerxencias que producíndose
no seu ámbito territorial non sexan
declaradas de interese nacional, Ao contrario unha das súas
principais funcións é o seguimento
continuo desas emerxencias, tanto para prestar
apoio que en cada caso poidan necesitar as
autoridades locais e/ou autonómicas,
por exemplo, movilizando recursos estatais,
dando cobertura de comunicacións, asesorando
técnicamente, etc.., como para estar
preparados no suposto de que deban asumir
a coordinación superior da situación
baixo a dirección do delegado do Goberno
ou outra autoridade estatal.
|
MATERIAL DISPOÑIBLE:
> 2 Vehículos todoterreo.
> 1 Camión de
intervención rápida.
> 5 Vehículos
motobomba.
> 1 Lancha neumática.
> 1 Tractor.
> 2 Pikap.
> 5 Conductores e peóns
especialistas.
|
 |
|
|
 |
|
|
|
|