castellano    english 
              inicio nun click axuda mapa web libro de visitas 

-
 Auga
Bombeiros
Alumeado
Ligazóns
Medio Ambiente
Urbanismo
-
T  U  R  I  S  M  O
C  O  N  C  E  L  L  O
 

Teléfono Avarías: 659 188 661 - 629 314 435

Este servizo ten como finalidade fundamental, asegurar o funcionamento das instalacións de alumeado público en todo o Concello de Cortegada. As principais funcións que realiza son:

  • Coordinación e control de instalacións novas de alumeado público, que nuns casos son proxectadas por promoción particular e noutros, polo propio concello ou servizo.
  • Xestión dos traballos propios de mantemento que son realizados pola empresa adxudicataria do mantemento das instalacións de alumeado público.

Estes labores consisten en inspeccionar diariamente, noite e día, as instalacións por se existe algún funcionamento anómalo. Coa información recollida e os avisos dos veciños, Asociacións Veciñais, etc... prográmanse e realízanse as reparacións e substitucións dos compoñentes defectuosos das instalacións.

O servizo máis directo que se presta ao cidadán é a recepción, tramitación e resolución dos avisos e solicitudes que se reciben a diario, xa que as instalacións de alumeado deben estar en continua evolución para adaptarse ao desenvolvemento urbanístico da cidade e require modificacións dos puntos existentes e instalación de novos puntos de luz, motivadas por novas construcións, reformas de viais, melloras técnicas etc...

Actualmente (xullo 2009) o alumeado público consta de 932 puntos de luz e 9 centros de mando.

O Servizo de Electromecánicos tense marcado como obxectivo reducir a factura e o consumo da enerxía eléctrica nas instalacións de alumeado público mediante unha combinación de actuacións coma son a adecuación da tarifa contratada con respecto á potencia instalada, a redución do consumo mediante a instalación de lámpadas de maior rendemento lumínico pero de menor consumo e a corrección da enerxía reactiva, para evitar pagar un sobrerecargo. Ademais se están instalando cadros de mando telecontrolados para facilitar a xestión e ter un maior control sobre as instalacións.

Conscientes da posibilidade de redución do consumo e da produción dun aforro económico maior, realízase periodicamente unha posta a punto do acendido e apagado do alumeado público, adecuando este ás horas de sol (amencer e ocaso), actuando na reprogramación dos reloxos solares astronómicos ou mecánicos.



 
                 
CONCELLO DE CORTEGADA  -  RÚA OTERO NOVAS S/N  -  32200 CORTEGADA  -  TELF: 988 483 001  -  FAX: 988 483 217  -  NIF: P3202800C
 
Inicio
Contacto
Engadir a favoritos
Mapa web
Libro de visitas
Nota legal
Axuda na web
 
© Copyright: Concello de Cortegada
Deseño: marcial josé méndez álvarez