Aberto o prazo de exposición e alegacións o PXOM
Publicado no Diario Oficial de Galicia o mércores día 27 de xaneiro o anuncio da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordeación Urban, polo tanto iniciase dous meses de exposición pública e período de alegacións. O PXOM estará exposto na sala múltiple do Concello ata o día 2 de febrero de 2009, durante este periódo os técnicos municipales atenderán individualmente cantas consultas se lle formulen, ademáis de estar un técnico do plan redactor.
Para maior comodidade das personas que demanden información, a atención ao público farase mediante cita os luns e mércores de 9:00 a 13:30 e os xoves de 10:00 a 12:00 horas. Así mesmo, e sempre co ánimo de evitar esperas os veciños, dende o departamento de Urbanismo habilitouse un número de teléfono o que poden chamar para pedir cita previa, é o 988 483 001.
Ademáis da exposición física do Plan na Casa Consistorial, a página web do Concello ofrece información pormenorizada do documento urbanístico.
Finalizados os dous meses de exposición pública, os técnicos municipaiss e o equipo redactor estudiarán unha por unha as alegacións presentadas para incluilas no documento, que xunto cos informes sectoriais irán conformando o que será o futuro PXOM de Cortegada. Si durante este proceso se rexistran variacións sustanciais no documento será de novo exposto ó público para dar a máxima transparencia.
O concello xa recibiu o informe previo da aprobación inical do PXOM da Xunta de Galicia.
Dende o Concello recordase que durante a tramitación a concesión de licencias urbanísticas quedan suspendidas na totalidade do municipio, a excepción de aqueles lugares no que se produza unha coincidencia de ordenación urbanística entre o novo PXOM. Neste sentido cabe destacar que a suspensión de licencias non afectará as solicitudes de obra menor relativas a mera conservación e as necesarias para o mantenemto do uso preexistente.
|