castellano    english 
              inicio nun click axuda mapa web libro de visitas 

-
 Cultura
Educación
Deportes
Biblioteca
Guía da comunicación
Estatística e padrón
Muller e igualdade
Sanidade
Servicios Sociais
Transportes
Xuventude
Rexistro Civil
Asociacións
Persoeiros
As parroquias
A Feira
Inmigración
-
T  U  R  I  S  M  O
C  O  N  C  E  L  L  O

O desenrolo histórico do Municipio de Cortegada estaba cementado case e exclusivamente nos cotos monacais da idade media. O mosteiro de  San  Salvador  de Celanova  exerceu  a súa xurisdicción sobre a maior parte do territorio que forma o Concello de Cortegada.

Unha das principais preocupacións dos monxes foi a riqueza das pesqueiras sobre o río Miño asentadas neste territorio. Durante o antigo réxime, as parroquias que integran o actual Concello de Cortegada distribuíanse entre o couto redondo da parroquia de Meréns, administrado polo conde de Fefiñáns, e a xurisdicción de Refoxos, que integraba as parroquias de Rabiño, Refoxos e Valongo, baixo señorío do mosteiro de Celanova. Ámbalas dúas circunscripcións estaban representadas pola provincia de Ourense. Coa proclamación da Constitución de 1812, suprimiuse o réxime xurisdiccional e establecéronse os Concellos de Rabiño e Valongo integrados na provincia de Galicia. Sen embargo, en 1814, un decreto derrogatorio da Constitución asinado polo Rei Fernando VII, supuxo a restauración do Antigo Réxime e a súa administración señorial característica.
  
  Priorato de Refoxos
En 1820, o pronuncionamento do Coronel Riego deu paso a un novo periodo constitucional no que volveron estar vixentes os concellos de Rabiño e Valongo. Nesta época en 1822, o concello pasou á nova provincia de Ourense.
Trala segunda derrogación da Constitución, en 1823 volveu de novo o Antigo Réxime. A instauración definitiva do municipalismo produciuse tralo pasemento do Rei Fernando VII. Deste xeito constituíuse o Concello de Cortegada en 1835. Daquela, abranguíia as parroquias de Meréns, Rabiño, Refoxos e Valongo. En 1893 segregáronse de Rabiño as parroquias de Cortegada e Louredo, mentres que a parroquia de Zaparín separouse de Refoxos. Dende entón non houbo variacións no territorio, que pertenceu ós partidos xudiciais de Celanova (1835-1965) Ourense (1965-1988) e Ribadavia dende 1988.


Petroglifos Monte Picoñas
P a t r i m o n i o    C u l t u r a l:
O vestixios arquelóxicos máis antigos conservados no Concello son os pretroglifos da ferradura situados na parroquia de Louredo e os do Monte de Picoñas na parroquia de Valongo no cal hai representado laberintos e coviñas. A ara romana emprazada na parroquia de Zaparín, outra na parroquia de Meréns esta no interior da igrexa, as bañeiras romanas situadas nunhas vivendas, unhas na parroquia de Valongo e outras en Cortegada, dícese que estas bañeiras estabán a carón do río onde saian uns mananciais de aguas termais *hoxe anegado polo embalse*. No eido da arquitectura relixiosa compre destacar o santuario de San Bieito en Rabiño e ás costas do Santuario hai un humilladorio tamen do s. XVI, que pertenceu o mosteiro de San Salvador de Celanova e no que destaca a fachada barroca da igrexa; San Breixo de Refoxos , antigo priorato de Celanova s. XIX que se transformou en oratorio e igrexa parroquial; San Martiño de Valongo construida no s XVIII; San Martiño de Zaparín, do s XVII, pero reconstruida en 1799; e San Xoán de Louredo e San Cibrao de Meréns do XX.
No eido da arquitectura civil destacan: o pazo dos Cid en Cortegada e o do Sarmiento en Meréns, onde figura o brasón máis grande de Galicia formado por dezaoito cuarteis rematados por unha coroa condal.
Na vila de Cortegada compre salientar as construccións financiadas polo indiano Guillermo Álvarez Pérez (1867-1929), como a Escola de Primeiras Letras ou Escolas Bos Aires, reformada para acoller a casa do Concello, Biblioteca e o Xulgado. A Igrexa de Santa María de Cortegada de Estilo neogótico. No Concello existen dous balnearios. O balneario de Cortegada xa ben coñecido polos romanos,  e como non  os monxes de Celanova no s. XV no s. XIX realizáronse uns pequenos pavillóns de perpiaño e xa en 1937 constrúese un edificio modernista. Ademáis, compre salientar os cruceiros de Casares de Refoxos, Prado, Pousa e Vilaverde e os petos de ánimas de Louredo, Meréns e Rabiño.

Humilladoiro de San Bieito



 
 
CONCELLO DE CORTEGADA  -  RÚA OTERO NOVAS S/N  -  32200 CORTEGADA  -  TELF: 988 483 001  -  FAX: 988 483 217  -  NIF: P3202800C
 
Inicio
Contacto
Engadir a favoritos
Mapa web
Libro de visitas
Nota legal
Axuda na web
 
© Copyright: Concello de Cortegada
Deseño: marcial josé méndez álvarez