Benvid@
á web oficial do Concello de Cortegada,
un espacio aberto, un lugar de encontro para
tódolos veciños de Cortegada e tamén
un escaparate para todos os que nos visitan dende
fóra da Vila virtualmente. Aquí
amosamos as peculiaridades que singularizan
este municipio, cruce de camiños con
Portugal, Pontevedra, un referente rexional....
Nos últimos anos Internet converteuse
nunha magnífica ferramenta para as administracións
públicas, na que atopamos un novo espacio
para contactar cos cidadáns, e no que
ofrecerlles toda a información sobre
o seu concello, achegándonos así,
ainda máis a eles.
Cortegada coma outros concellos súmase a este
mundo de internet, ventá aberta ó mundo. Moitos
foron os esforzos realizados por converter a
nosa páxina web nun referente. Neste
contexto o Concello de Cortegada
márcase o reto inmediato
de dixitalizar os seus servizos e camiñar
con pasos firmes na sociedade da información.
Queremos que a páxina web sexa unha mostra
real do que somos, do que temos que ofrecer
aos cidadáns e aos que nos visitan ou
pensan facelo; queremos que sexa un foro aberto,
que medre coa colaboración de todos,
polo que como novidade engadimos un buzón
de suxerencias e comentarios co que vos pedimos
que formedes parte deste proxecto.
A Cortegada que aquí intentamos que vivades
virtualmente, é un punto intermedio entre
a Cortegada dos nosos sonos e a realidade tanxible
dun val que hoxe en día é un dos
lugares máis fermosos da nosa Galicia
interior, vivo, con un sin fin de potencialidades
e cheo de futuro, por que
Cortegada ten un futuro envexable.