castellano    english 
              inicio nun click axuda mapa web libro de visitas 

-
 Alcaldía
Corporación
 O pleno
Xunta de G. Local
Bandos e avisos
Tramites e impresos
Arquivo Municipal
Ordenanzas
Calendario de pagos
Informacion Catastral
Mancomunidade
Axente de emprego
Logotipos do Concello
-
M  U  N  I  C  I  P  I  O
T  U  R  I  S  M  O

O Concello de Cortegada, dende setembro de 2007, ten autorizado o establecemento do Punto de Información Catastral (PIC), coa finalidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral ós titulares que non dispoñen dos medios técnicos apropiados, ofrecendo ó cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual de Catastro sen máis.

O PIC do Concello de Cortegada ten un papel intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ó que poderá subministrar tódala súa información actualizada existente na base de datos nacional, mediante a realización de documentos no que conste a data de expedición máis un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, que gozarán de plena validez e eficacia.


Dende calquera PIC o titular catastral, por sí ou mediante representación, e con só a presentación do seu DNI pode acceder ós seguintes servicios de xeito totalmente gratuito: Consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital. Consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo ós bens inmobles da súa titularidade. A esta certificación so poderá acceder o propietario da mesma, ou ben cunha autorización do mesmo. O PIC do Concello de Cortegada atende as demandas de información catastral no seu horario habitual de luns a venres, de 9:00 á 13:00 horas.

Puntos de Información Catastral (PIC)
Xestión catastral de rústica e urbán:
-
Todos os primeiros mércores de cada mes, unha persoa da empresa Servicat S.L.L., visita Cortegada para xestionar temas catastrais. A través deste servicio os veciños poderán xestionar dende o concello sen necesidade de desprazarse ata as oficinas do Catastro de Ourense, altas, baixas, variacións de bens de natureza urbana e rústica, así como calquera troco nos datos catastrais.

Concertar cita previa no teléfono: 988 22 25 33, para outra aclaración chame o Concello 988 48 30 01.
Localizador de inmobles
Oficina Virtual do Catastro
Xerencias do Catastro

Formularios de solicitude de información nos PIC:

Para poder visualizar os formularios de solicitude en formato PDF, necesita ter instalada unha versión de Adobe Reader 5.0 ou posterior, si non é así, pode descargar unha versión actualizada dende a web de Adobe Reader.
-
  • Formulario de solicitude de datos polo titular catastral. Formato PDF editable.
  • Formulario de solicitude de datos por un representante do titular catastral. Formato PDF editable.
  • Modelo de autorización do titular catastral



 
 
CONCELLO DE CORTEGADA  -  RÚA OTERO NOVAS S/N  -  32200 CORTEGADA  -  TELF: 988 483 001  -  FAX: 988 483 217  -  NIF: P3202800C
 
Inicio
Contacto
Engadir a favoritos
Mapa web
Libro de visitas
Nota legal
Axuda na web
 
© Copyright: Concello de Cortegada
Deseño: marcial josé méndez álvarez