|
|
No antigo réxime o termo municipal que hoxe
se coñece como Concello de Cortegada,
aparecía dividido entre as xurisdiccións
de Refoxos e o couto redondo de Meréns, os
dous na provincia de
Ourense, ca seguinte descripción e
dependencias: a Xurisdicción de Meréns
dependía de S.S. e X.O. polo conde de
Fefiñáns e a Xurisdicción
de Refoxos coas parroquias de Rabiño
e Valongo pertencían a S.E. e X.O. polo
mosteiro de Celanova, orde de San Bieito.
|
O que agora coñecemos co nome de Concello
de Cortegada, cando se crean os novos concellos
constitucionais, non figura, xa que nin sequera
era parroquia, pero en cambio si eran parroquias
Valongo e Rabiño, actualmente
parroquias do Concello dentro do partido
de Celanova, e no que figuran nos documentos que
fai a deputación única en Galicia,
para repartir entre os Concellos o cupo
de Quintas e o da contribución territorial
e de consumos. Na tramitación que
seguiron na provincia de Ourense o partido
xudicial correspondente a Celanova, entre os
que se atopaba o de Cortegada, pasou
a comisión designada do deputado do partido
e dous máis na sesión do 28 de outubro
de 1835, e a comisión non tardou
en emitir o seu informe xa que o mesmo foi visto,
o igual que na sesión anterior pola deputación
provincial. Na do 2 de novembro de 1835 acordaron
aprobalo e que os membros da comisión
se achegarían a secretaría para rectificar
segundo o informe o expediente e estados do
mesmo, para unha vez recomposto remitirllo
ó Goberno Civil.
|
 |
 |
E s c u d o d e C o r t e g a d a - Aprobado no D.O.G.A. do luns día 3 de febreiro de 1992
D e s c r i p c i ó n:
En campo de gules, unha fonte de cor natural e mazonada de sable sumontada dunha árbore de sinople, rodeados de cinco cruces de ouro. Na punta do campo ondas de prata e azur. O timbre coroa real cerrada.
X u s t i f i c a c i ó n:
As cruces fan alusión ás cinco parroquias do Municipio: Cortegada, Meréns, San Bieito do Rabiño, Refoxos e Valongo.
A fonte simboliza os baños termais existentes en Cortegada, e a árbore sinala a riqueza forestal e a puxante industria da madeira. As ondas refírense ó río Miño que circunda o municipio nunha gran extensión.
A fonte e o río aluden o nome co que se coñece como: Cortegada de Baños ou Cortegada de Miño.
|
|
|
|